6º EP

HORARIO DE ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE XUÑO

Para acceder ás actividades de 6º EP fai clic en Adxuntos. 

NOTA ÁS FAMILIAS SOBRE A DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Para acceder á nota fai clic en Adxuntos.

HORARIO DE ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE MAIO

Para acceder ás actividades faga clic en Adxuntos.

HORARIO DE ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE ABRIL

Para acceder ás actividades faga clic en Adxuntos.

ACCESO AOS LIBROS DE TEXTO E RECURSOS: 6º EP

Para acceder aos libros de texto de 6º EP e outros recursos, deben seguir estes pasos clicando nas ligazóns:

1. Acceder a https://edelvivesdigital.com

2. Email: primaria6@xuno.es

3. Contrasinal: edelvives

 

Tamén poden acceder á Plataforma de Lecturas TATUM (onde atoparán unha selección de libros clasificados por idades, autores e idioma) nesta ligazón:
 

Se teñen algunha dúbida para acceder aos recursos consulten este vídeo:

 

 

ACTIVIDADES DE 6º EP

          Xa que non podemos saír da casa, podemos aproveitar para realizar algúns traballiños seguindo unhas pautas:
 
- Deberiamos de manter unha rutina á hora de deitarnos e de erguernos pola mañá. Sempre á mesma hora. Se vedes que as ideas están desordenadas podedes facer unha taboa de rutinas e poñela no voso cuarto, sempre axuda.
 
- Lembrade que según cheguemos temos os exames no orden que apuntáramos (excepto o de naturais). Podedes traballar todo o dado cos libros e libretas con exercicios resoltos que pode axudar a repasar a materia dada.
 
- Debedes participar nas tarefas que se realicen na casa: facer a cama; poñer e quitar a mesa da cociña; aprender a cociñar e dar algunha sorpresiña (xa de paso); compartir a limpeza da casa; deixar todo recollido ou recolocar zonas que se foron “descolocando soas” , caixóns, xoguetes, armarios... (cousas que pasan ás veces).... Cando remate esta corentena imos ter todo como “los chorros del oro” :-)).
 
Ler moito! cómics, revistas, novela, poesía…. Todo o que caia nas vosas mans é ben vido, si de paso vos queda tempo para ler os libros para o trimestre do cole, mellor que mellor, seguro levades unha grata sorpresa.
 
- Incluso podedes facer algo, un diario no que poñades por escrito este momento histórico que estades a vivir ben en forma de conto, novela, banda deseñada… hai moitas formas de facelo. Nesta obra aparte das opinións personais podedes añadir información sobre a enfermidade, medidas adoptadas, repercusións na convivencia despois de días sen ver aos amigos, como se fai noutros países… Pode ser adictivo e moi emocionante, estades avisados.
 
- Seguindo esta pauta tamén podedes investigar sobre algún outro tema interesante de actualidade: historia, arte, ciencia… e facer un documental casero con isa información. Sería divertido cando esteamos de volta no cole poder velo.
 
- Tamén podedes preparar algunhas sesións de actividade física e practicar todos xuntos en familia na casa. Normalmente é moi divertido e pon o voso corpo en forma cando non se pode saír.
 
- Construíde algunha maqueta, ou experimento, como traballo voluntario que teña como tema o traballado en Ciencias (naturais e sociais), tal é como fixeron algúns dos vosos compañeiros estes días.
 
- Propón retos creativos como dibuxar, pintar, modelar… e prepara unha exposición na casa. Todos poden participar!
 
- Podes realizar unha viaxe por Europa a través de google maps e organizar unha excursión por algún país: que visitar, onde me podo quedar a durmir, que roteiros organizo… Todo isto podes añadilo ao traballo sobre “PAÍSES EUROPEOS” que tes que entregar o primeiro día que estemos de novo no cole, non se che esqueza.
 
- Polo de agora creo que tedes moito que facer e organizar. Espero que sigades a traballar e lembrade: NON ESTAMOS DE VACACIÓNS. 
 
QUEDADE NA CASA!
 
 
A titora 
 
Para acceder ás actividades de 6º EP faga clic en Adxuntos.
Distribuir contido