Biblioteca Escolar

OBRADOIRO DE DOBRAXE

O martes 9 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º EP realizamos un obradoiro de dobraxe titulado Aprende dobraxe na túa clase e impartido polo actor de dobraxe e formador Damián Alonso.

Coñecemos a orixe e historia da dobraxe, as fases do proceso de creación e os tipos. Tratamos aspectos prácticos de lectura, colocación da voz e postura corporal. E finalmente, enfrontámonos ao micrófono para preparar e gravar unha toma de dobraxe por parellas da que daremos conta nuns días...

Moi recomendable.

Clica na foto pata acceder ao álbum de imaxes da actividade 

 

CELEBRACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS ·2023

O mércores 25 de outubro, celebramos o Día Internacional das Bibliotecas 2023 para resaltar a importancia que teñen como centros de encontro de sabiduría, aprendizaxe e lecer.

Nesta ocasión presentouse Candela, a mascota da nosa biblioteca, a través dunha historia creada e interpretada polo alumnado do Club de Lectura de 6º EP. Coñecemos as últimas novidades bibliográficas que nos achegou, e o fermoso logo de Biblio Xuño.

Ata nos agasallou un marcapáxinas co noso nome e nº de lector para animarnos a ler, e a visitar a biblioteca.

Clica no vídeo para ver o resumo da actividade

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA · 2023

O mércores 18 de outubro, o alumnado de 5º e 6º EP realizamos un Obradoiro de Papiroflexia na Casa de Cultura de Seráns, organizado polo Concello de Porto do Son a través da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade 

 

 

Distribuir contido