4º EP

ACTIVIDADES DA 3ª AVALIACIÓN PARA 4º EP

Achego as actividades de 4º EP.

Para acceder ás actividades da 3ª avalición de 4º EP faga clic en Adxuntos.

ACTIVIDADES DE 4º EP · 2ª QUINCENA DE MARZO

Ola a todos e todas:
 
Sei que cando nos despedimos o último día, o fixemos pensando que a situación non ía volverse tan complicada e que íamos estar máis tempo do previsto sen poder vernos e volver á nosa vida normal. 
 
Sei que todos, vós e as vosas familias, estades ben e iso me alegra e me tranquiliza moito. Sodes e somos privilexiados por vivir nunha zona relativamente alonxada do foco máis conflitivo desta pandemia e sabemos que o único que temos que facer é quedarnos tranquiliños esperando a que pase o “temporal”.
 
Voltaremos moi pronto á normalidade, xa veredes, e o celebraremos como se merece, pero mentras tanto, pensade que de estas situacións aprenderemos grandes leccións. Noutras situacións tivemos que superar momentos moi duros e fixémolo xuntos, demostrando, sobre todo vós, unha madurez impresionante e unha sensibilidade fóra do común.
 
Agora, non somos vós e máis eu, somos nós, as vosas familias, os vosos veciños, toda a sociedade xunta facendo forza para ganar esta batalla que nalgúns casos, está sacando o mellor de nós, pero tende a seguridade de que gañaremos e o poderemos celebrar. 
Ata ese día, coidádevos todos moito. 
 
Moitos abrazos para todos. 
 
Concha.
 
Para acceder ás actividades de 4º EP faga clic en Adxuntos
Distribuir contido