Celebracións

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER · 2024

Durante esta semana, realizáronse no centro diversas actividades de celebración do Día Internacional da Muller 2024 para destacar a importancia da muller na sociedade e reivindicar unha igualdade real e de oportunidades entre homes e mulleres.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades.

ENTROIDO 2024

Durante esta semana, realizamos diversas actividades para celebrar o Entroido 2024.

O venres 9 de febreiro, celebramos o Festival de Entroido con desfiles e bailes preparados para cada nivel educativo e baile común.

Clica nos vídeos para ver o resumo das actividades.

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ · 2024

O mércores 31 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz con diversas actividades lingüísticas, plásticas e musicais.

Clica no video para ver o resumo das actividades

 

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO · 2023

A semana do 25 de novembro, realizamos diversas actividades para celebrar o Día contra a Violencia de Xénero co fin de concienciar ao noso alumnado sobre este problema social.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades

MAGOSTO · 2023

O venres 10 de novembro celebramos o magosto 2023 con xogos no polideportivo e asado e degustación de castañas.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades

 

SAMAÍN · 2023

Durante esta semana realizamos diversas actividades para celebrar o Samaín 2023.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades

 

CELEBRACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS ·2023

O mércores 25 de outubro, celebramos o Día Internacional das Bibliotecas 2023 para resaltar a importancia que teñen como centros de encontro de sabiduría, aprendizaxe e lecer.

Nesta ocasión presentouse Candela, a mascota da nosa biblioteca, a través dunha historia creada e interpretada polo alumnado do Club de Lectura de 6º EP. Coñecemos as últimas novidades bibliográficas que nos achegou, e o fermoso logo de Biblio Xuño.

Ata nos agasallou un marcapáxinas co noso nome e nº de lector para animarnos a ler, e a visitar a biblioteca.

Clica no vídeo para ver o resumo da actividade

Distribuir contido