SAÍDA DIDÁCTICA: CASCO HISTÓRICO DE NOIA

O mércores 29 de maio, o alumnado de 5º e 6º de EP realizou unha visita didáctica ao casco histórico de Noia acompañados polo artista local Serafín Marcos.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2019: ANTONIO FRAGUAS

Durante a semana do 13 ao 15 de maio celebramos con varias actividades o Día das Letras Galegas 2019 dedicado ao profesor e escritor Antonio Fraguas.

Como actividade colectiva, o mércores 15 de maio cantamos a canción Chea de vida de Guadi Galego na biblioteca do centro.

KAMISHIBAI: ANTES FUIMOS DINOSAURIOS

O venres 10 de maio, o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiu á obra Antes fuimos dinosaurios.

Ana Freire, do Concello de Porto do Son, achegounos o kamishibai que é un antigo teatriño popular do Xapón que servía para apoiar con ilustracións as historias que os contacontos levaban de pobo en pobo.

 

DÍA NON LECTIVO

O xoves 16 de maio é Día non Lectivo neste centro.

SAÍDA DIDÁCTICA: ASTELEIROS TRIÑANES

O mércores 8 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Primaria viaxamos a Cabo de Cruz para visitarmos os Asteleiros Triñanes.

Tamén estivemos no centro sociocultural desta localidade para visitar unha exposición sobre o antigo Exipto.

VISITA DO ESCRITOR GONZALO MOURE

O xoves 9 de maio visitounos Gonzalo Moure para nos falar da súa obra Palabras de Caramelo.

Grazas Gonzalo Moure.

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2019

O venres 26 de abril, celebramos no colexio o Día do Libro. Cada grupo-clase realizou as súas representacións para homenaxear o ilustre protagonista.

A continuación, unha pequena mostra en imaxes.

 

 1º EP A mellor sopa do mundo

2º EP A cociñeira Martiña

3º EP A vaca Macarena

4º EP La gran guía de Junie B. Jones para sobrevivir al colegio

5º EP Historia do Romance / Romance da Lavandeira

6º EP  Historia do Libro

6º EP Todo é un conto

GUÍA DE LECTURA COLABORATIVA DAS ESCOLAS DE PORTO DO SON. ABRIL 2019

Un ano máis achegamos a Guía de Lectura Colaborativa. Forma parte do proxecto de dinamización lectora coordinado dende o equipo de biblioteca do IES de Porto do Son. Nela,  a EEI de Caamaño, de Carballosa, os CEIP de Campanario, Portosín, Queiruga, Seráns, Sobrado-Nebra, Xuño e o IES de Porto do Son recollemos recomendacións dende infantil ata maiores de 16 anos, é dicir, para tod@s!

Bo Día do Libro!

 

Fai click na imaxe para acceder á guía

 

ALEJANDRO

 

SAÍDA DIDÁCTICA: MUSEO VALLE INCLÁN

O venres 5 de abril, o alumnado de 6º EP realizou unha visita guiada polo Museo Valle Inclán na Pobra do Caramiñal.

 

Distribuir contido