Skip to Content

Actividades

O Escornabot e as rutinas diarias

Na alfombriña aparecen diferentes rutinas que se realizan ó longo do día.

Con ela podemos realizar diferentes actividades:

- Un alumno fai con mímica unha rutina e outro leva o robot a ela.

- Levamos o robot pola alfombriña seleccionando as diferentes rutinas en orde.

- Levar o robot ás rutinas que facemos pola mañá ou pola tarde.

  

Traballamos o presente continuo co Escornabot

Con esta alfombriña traballamos o presente continuo en inglés.

Aparecen diferentes escenas e con elas o alumnado poderá practicar o presente continuo.Tamén se traballa She/He/They

Actividades que se poden realizar:

- Un alumno di unha frase e outro levará o robot a esa escena.

- Un alumno leva o robot a unha escena e o outro terá que dicir ou escribir a frase determinada.

   

O Escornabot e os planetas

Con esta alfombriña podemos realizar diferentes actividades:

- Levar o robot a un planeta determinado.

- Un alumno describe un planeta e outro leva o robot a ese planeta.

- Facer un percorrido seleccionando os planetas dende o máis cercano ó máis alexado do sol.

- Ir ós planetas interiores ou ós exteriores.

- Ir ós que están máis preto da terra.

- Ir ó máis pequeno ou ó máis grande, ó que ten anels.

    

Traballamos os meses en inglés co Escornabot

Alfombriña creada polo alumnado de 3º curso para axudar ós compañeiros a traballar os meses en inglés.

O alumnado elaborou a alfombriña

Actividades que se poden realizar:

- Levar o robot a un mes determinado.

- Facer co robot un percorrido pola alfombriña ordeando os meses.

- Ir ós meses dunha determinada estación do ano.

- Ir ó mes no que comeza o curso, no que remata, cando é Nadal...

Creamos historias con Escornabot

Temos dúas alfombriñas con dous escenarios diferentes e tarxetas con diferentes personaxes.

Divídese a clase en varios equipos. Un alummo/a leva coloca os personaxes no escenario e fai un percorrido co robot. Os diferentes equipos crearán unha historia cos personaxes e os lugares visitados. 

Ó final lense as diferentes historias e compáranse unhas con outras.

Esta alfombriña pódese usar en calquera das tres linguas.

Alfombriña para traballar os membros da familia

Esta alfombriña foi feita por alumnado de 1º curso para axudar ós seus compañeiros a traballar os membros da familia.

Pose ser utilizada nas materias de galego, castelán, ciencias sociais e inglés.

Vocabulario a traballar: pai, nai, irmán, irmá, bebé, avó, avoa, tío, tía, curmáns, familia.

Actividades  a realizar:

- Localizar co robot algún vocabulario.

- Ir co robot ós membros da súa familia.

- Ir co robot ós membros que aparecen nunha determinada historia ou conto.

 

 

Alfombriña con bandeiras

Alfombriña creada por alumnado de 5º de Primaria. 

O alumnado fixo un traballo de investigación seleccionando diferentes países e buscando a bandeira correspondente logo elaboraron a plantilla.

Actividades a realizar:

- Seleccionar a bandeira a partir do país.

- Seleccinar as que corresponden con países da Unión Europea ou dun deterninado continente.

Traballamos os animais co Escornabot

 

Con esta plantilla podemos traballar nomes e descrición de animais tanto en galego, castelán, ciencias naturais  e inglés.

Podemos realizar diferenes actividades:

- Levar o robot o animal segundo o nome.

- Un alumno fai unha pequena descrición dun animal e levar o robot e outro levao a ese animal.

- Levar o robot ás aves, ou ós mamíferos etc.

O escornabot axúdanos a traballar as cores en inglés

Alfombriña creada polo alumnado de 1º curso para axudar ós compañeiros a traballar os colores en inglés.

O alumnado ponse de acordo dos colores que pintar e fan a plantilla

Con esta plantilla podemos realizar diferentes actividades:

- Levar o robot a un color determinado.

- Levar o robot a un color determinado e outro alumno/a terá que escribilo.

- Un alumno di unha secuencia de cores e o robot terá que imitalo.

- Facer un camiño coa secuencia do arco da vella.

-Con tarxetas cos nomes das cores. Coller unha tarxeta e que o robot a leve á cor correspondente.

Alfombriña para traballar as partes do corpo

Alfombriña creada polo alummado de 2º curso para axudarlle ós compañeiros a traballar as partes do corpo.

Podémola usar en lingua galega, castelá, ciencias naturais e inglés.

Con ela podemos facer diferentes actividades:

- Sinalar deteminada parte do corpo.

- Sinalar as que están na cabeza ou no tronco ou nos brazos e nas pernas.

- Podemos sinalar en orde as que aparecen nunha canción ou nunha historia.

- Podemos sinalar as relacionadas cos sentidos.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut