Taboleiro

33 razóns para ler

Aquí podes ver unha presentación en Power Point realizada polo colexio  CEP LAS PALMAS CGI no cal se vos anima á lectura.

33 razones para leer

Rebumbio Matemático

Alumnado de 6º curso á saída do VII Rebumbio matemático

"Os piratas do cálclulo" , un Equipo formado por 2 alumnos e 1 alumna de 6º de Primaria resultaron finalistas no VII Rebumbio Matemático que se celebrou no CEFORE de Ourense o día 4 de maio organizado por AGAPEMA.

O 1 de xuño participaremos na fase final que se celebrará no Fórum Metropolitano da Coruña.

O rebumbio é unha actividade na que se pretende fomentar o espíritu cooperativo e o traballo en grupo. Nela o alumnado ten que realizar actividades variadas nas que se combinan as de tipo manipulativo coas de deducción e razoamento.

Noraboa ós tres.

Despedimos á cociñeira

     Todo o alumnado con Carmen

     Despois de 20 anos traballando no centro primeiro como axudante de cociña e últimamente como cociñeira, o 22 de marzo xubilouse Carmen. Todo o alumnado do centro quixo facerlle unha pequena homenaxe como gratitude pola súa entrega e coidado. O sentir xeral era: "Carmen, gústannos as túas comidas, gustannos os teus macarróns, os teus zancos de polo, as túas lentellas, ata nos gusta o teu caldo..."; o certo é que Carmen sempre mostrou un interese especial por facer as súas comidas daquela maneira que mais lle gustaba ós nenos e nenas.

     A homenxe por parte do profesorado e demais compañeiros e compañeiras moitos deles xa xubilados aplazouse para o día 4 de maio.

     Dende este espazo queremos desexarche que desfrutes desta nova vida.

Plástica

Pintando pedras

Pedras pintadas polo alumnado de 5º e 6º de Primaria

       

Distribuir contido