PROPOSTAS PARA PLÁSTICA

BUTTERFLY

Como en inglés estivemos traballando  o conto "The very hungry caterpillar", propóñobos facer volvoretas e polas pola casa.

En youtube tes moitos víeos para facelas con origami.

Se a queres debuxar nun folio, mira este vídeo e logo pintaa das cores que máis che gusten

 

 

 

 

PONLLE CARA Ó VIRUS

Imaxina como pode ser ese virus do que se fala por todas partes. Nas imaxes que vemos é redondo, con moitas patas e normalmente de cor verde. Pero, como o  ves ti? Como che parece que é ese virus?

Debúxao, faino co material que queiras.

Onde crees que vive?

Debúxalle o sitio onde vive.

Tes que botar a voar a imaxinación. Esta é unha actividade creativa na que vale todo.

Colgarei aquí as vosas creacións

 

PAPIROFLEXIA

Nestes días de estar na casa, se te aburres, un recurso moi interesante é a papiroflexia. Proba a facer estes coelliños