Chainstories

Varios profesores do centro con varios grupos de alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria estamos participando no proxecto Chainstories.Cada grupo participa nunha cadea diferente. Participaremos coas dúas linguas romance que temos no centro: galego e castelán. É un proxecto de contos en cadea para favorecer a aprendizaxe de idiomas. O proxecto consiste en confeccionar unha historia entre cinco centros utilizando diferentes linguas, todas elas linguas romances. Cada centro fai un capítulo da historia que lle envía ó seguinte centro da cadea. O noso alumnado terá que comprender a idea principal dos demais capítulos e confeccionar o propio.