A Chave

A chave é unha peza de ferro en forma de cruz, con doble aspa, a superior mais pequena que a inferior.

Os pesos son redondos e planos, lisos polas dúas caras de entre 500 e 550 gramos.

O terreo de xogo será unha superficie dura rectangular.

A distancia entre a base da chave e a liña de lanzamento será duns 20 m. O xogador que lanza os pesos debe situarse detrás da liña.

En cada partida participan catro xogadores e lanzarán os pesos de dous en dous (un de cada parella).

Cada lanzamento que da na chave gaña 1 tanto, a tiraxe será directa, sen rebotes e sen tocar antes no chan.

Ata o punto 15 todos os tantos suman.

Unha vez que se chega a 15 tantos, a suma dos puntos obtidos nunha tirada réstanse ós obtidos polo contrincante, pasando a diferencia a sumarse ó que lle sexa favorable.