A rá
Teremos a mesa da rá cos elementos: a rá, o muíño, dúas pontes e catro pozos. Para xogar precisamos cinco peios de ferro.
Baixo da mesa hai unha gabeta dividida en tantos coa puntuación que lle corresponde a cada elemento.
Cada xogador lanza cinco peios, sumando os tantos obtidos.
Gañará quen consiga mais puntos.
»