Escolas Unitarias
As escolas unitarias constitúen o xerme da nosa escola. Elas foron a base para a creación dos denominados grupos escolares. Nelas, mestres e mestras entregados exercían a súa profesión, moitas veces nunhas condicións penosas. Gracias a eles, xeracións de veciños do noso concello recibiron unha educación e a posibilidade de labrarse un futuro. Vaia dende estas liñas o noso recoñecemento e o máis sincero agradecemento en nome de todos eles.
Naquel momento concentrouse nel ó alumnado das seguintes escolas unitarias nas que desempeñaban o seu labor os seguintes mestres e mestras:
Alberguería | |
Arnuíde |
Dolores Caride Pérez José Ferreiro Novoa |
Borrán | Manuela Nieto Formoso |
Bóveda | Marina Dopazo |
Cancillós | Generosa Rodríguez Cid |
Cortegada | Amalia Pereira Castro |
Folgoso | Plácida Rivero González |
Gomareite | María del Pilar Conde |
Maus | María del Carmen Santos Berjano |
Padreda | Marina Casado Novoa |
Paradiña | Isabel |
Penouzos | Juan Manuel Carballo Rodríguez |
Porto |
Julia María Dapena Luis Mascareñas |
Prado | María Josefa Pérez |
Rebordechao | |
Seiró | Dorinda Nóvoa López |
Vilar de Barrio |
Antonia Fernández Grande Jose García Salgado Corona Núñez Rivas Jesús Meno Vaamonde |
Codosedo | Oliva Ferreiro |
No curso 2000-2001 incorporouse ó Centro o alumnado da escola Unitaria de Arnuíde cando se xubilou a súa mestra Florinda Gomez Blanco.
Nun primeiro momento concentrouse ó alumnado da escola de Rebordechao pero debido ás dificultades dos accesos, voltouse a abrir dita escola ata o curso 1992-1993 en que as melloras nas estradas fixeron posible que este alumnado se escolarizase de novo no Colexio de Vilar de Barrio.