LETRAS GALEGAS
Como cada ano nestas datas celebramos as Letras Galegas deseñando unha chapa para facer o reto do galego.
Cada neno e nena elaborou un debuxo para a chapa e de entre todos eles, elexiuse o gañador. Este ano foi o de Soraya, unha alumna de 6º de Primaria. Parabéns, Soraya!!
EXCURSIÓN 3º E 4º ED. PRIMARIA
Por fin puidemos ir de excursión!
Despois dun longo paréntese os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria, puideron gozar dun marabilloso día ao aire libre na granxa escola Belelle.
Tiveron diversos obradoiros: equitación, alimentar e coidar aos animais, amasar e facer pan, visita polo bosque en busca de pegadas...
Xa botabamos de menos estes ratiños ao aire libre!! Aquí tedes un pequeno vídeo coas imaxes deste día.
VISITA DA POLICÍA PARA O ALUMNADO DE ED. INFANTIL
O pasado venres 29 de abril o alumnado de Educación Infantil tivo unha visita moi especial: a policía, con coches, furgoneta e bicicleta!! Ademáis tivemos a sorte de contar con dous axentes moi especiais, o papá de Roi e Román e o de Antonio e Manuel. Cóntaronlle moitas cousas e o noso alumnnado disfrutou moitísimo. Moitas grazas pola vosa participación!!
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »