Extraescolares

Simulacro de Incendio

Esta semana realizamos no colexio un simulacro de incendio por sorpresa.

Podedes estar tranquilas familias, o cole evacuouse moi rápido e os bombeiros chegaron en 5 minutos.

DÍA MUNDIAL DEL AUTISMO

 
 
"Hoxe é 2 de abril: o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Que quere dicir isto? Hoxe é un día para reivindicar un lugar na nosa sociedade para as persoas con autismo. 
 
Entre todos e todas temos que seguir rompendo barreiras, facendo desta unha sociedade inclusiva. Crear un espazo no que, sen importar as diferencias, poidamos aportar.
Esta loita é común, e estou convencida de que o conseguiremos. 
Grazas por facer deste cole un lugar para todos e todas".
Alba Arias
 

Visita de 6º ao estadio RIAZOR

Dentro da campaña "Os noso valores: Escolas 110% blanquiazuis" que organiza o diario "A Opinión"

 

O pasado día 27 de febreiro as rapazas de 6º disfrutaron dunha xornada moi interesante no estadio do Deportivo da Coruña.

 

 

 

Se premedes na imaxe poderedes disfrutar do video.

ENTROIDO 2019

O venres 1 de marzo festexamos o Entroido. 

Grazas a tod@s pola vosa participación, en especial ás familias que se esforzaron por divertir a toda a comunidade escolar!

 

 

 

Charla informativa: merendas saudables

O luns 25 de febreiro, pola tarde, tivemos unha charla  super produtiva, na biblioteca do cole, para mellorar as merendas de nosos peques.  Silvia Castro, farmacéutica e  nutricionista, nai duns alumnos do cole, axudounos a:

  • Saber diferenciar o que é máis beneficioso para eles.
  • Como nos engana a industria alimentaria para comprar produtos que cremos máis sans e que non o son.
  • Cales son os efectos do exceso de azucre no sangue, no cerebro e no corpo.

 

Para as familias que non puidestes asistir, deseñamos un díptico informativo, cunha serie de recomendacións sobre Merendas Saudables e Estilo de Vida Activo e Saudable, como o noso  PEVAS!!

 

merendas saudables

 

 

 

Deixámosvos tamén a presentación utilizada por Silvia para acompañar a charla: Presentación.

 

 

Día da PAZ

O  pasado mércores festexamos o día da non violencia no noso centro.

Cantamos xuntas e recordamos un lema de VIDA "ROMPE COA VIOLENCIA" ao ritmo dos eternos Queen.

 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!

O CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE gardou esta mañá un minuto de silencio como mostra da nosa total repulsa á violencia de xénero.

 

NÚMERO PREMIADO! e GAÑADORES!

 

Hoxe, martes 18 de decembro, acercáronse ao noso centro os premiados polo sorteo realizado. Mostráronse moi contentos por gañar esta "magnífica cesta de Nadal" (en realidade 4 cestas) e as súas primeiras declaracións foron: "Compramos as rifas para axudarvos coa excursión de fin de curso, non esperábamos este premio"

 

Moitas grazas a todos en nome dos sextos, por participar nesta actividade que nos deixa un gran sabor de boca e que nos axúda, sen dúbida, a preparar unha excursión de fin de curso apta para todos os bolsillos.

 

Apertas moi fortes!

 

 

 

 

 

 

Aqui tedes o sorteo realizado esta mesma mañá.

 

 

 

O número premiado foi o 2.927

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

   ligazón eva

          bibliotecas escolares

  ligazón programa tei