CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS CURSO 2021/22
O 2 de xullo de 2021 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, os listados de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-22. Pódense consultar en:
- Taboleiro de edictos https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=view&id=13610
- Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/
Os listados cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.
O prazo para a presentación da docuemntación requirida é do 5 ao 16 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita a (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
ORLAS ESPECIAIS
Agora si! Rematamos un curso moi especial para todos e todas e queremos facerlles unha homenaxe ao noso alumnado polo ben que levaron a nova normalidade. Deixamosvos unhas orlas que esperamos que o ano que ven podamos facelas vendo os fermosos sorrisos dos nenos e nenas.
BO VERÁN
MURAL ENTRADA DE INFANTIL 3 ANOS
Agradecemos aos ALUMNOS da Escola de Arte e Superior de Deseño PABLO PICASSO xunto co patrocinio do Concello, polo mural que fixeron para a entrada do noso alumnado, en especial dos nenos e nenas de 3 anos.
Esperemos que vos guste tanto coma ao noso alumnado!!!
CARREIRA SOLIDARIA
Un ano mais e coas medidas oportunas pola situación actual, puidemos celebrar a CARREIRA SOLIDARIA en beneficio da asociación ASPACE. Como o tempo non nos acompañou moito tivemos que facelo no pavillón pero non por eso, foi menos emocionante e os nenos participaron coa mesma ilusión e moitísimas ganas que outros anos. Deixámosvos un pequeno vídeo para que podades ver o ben que o fixeron...
Aproveitamos para recordarvos que ata o 22 de xuño podedes mandar polos nenos e nenas o diñeiro da carreira.
MOITISIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
EBOOK CONCURSO DE RELATOS DE 4º DE PRIMARIA
Queremos agradecer a todo o equipo de VEGALSA-EROSKI por permitirnos participar neste concurso de relatos que con tanta ilusión levaron a cabo os nenos e nenas de 4ºA e 4ºB.
A continuación, se facedes clic neste EBOOK, editado por VEGALSA-EROSKI, podedes ver todos os momentos vividos por dito alumnado durante a entrega de premios e a plantación de árbores.
Recomendacións lectoras para o verán
Estas son as recomendacións para o verán que propoñemos dende o Equipo da Biblioteca. Bo verán!!
Horas de ler en familia
Durante este 3º trimestre retomamos unha das actividades que máis éxito ten no cole: horas de ler en familia. Na que nenos/as e algún membro da familia comparten un ratiño arredor da lectura e os contos. Este ano, dada a situción sanitaria na que nos atopamos, temos que adaptada, de xeito que se realiza de forma virtual. Xa houbo clases que puideron disfrutar dos primeiros vídeos que chegan dende as casas con todo o cariño. Deixámosvos algúns deles e animámosvos a participar! A cara de felicidade dos peques, merece a pena. Premede na ligazón: Contacontos familia
Grazas familias por facelo posible!
CARREIRA SOLIDARIA
Gracias a iniciativa dun alumno, imos celebrar a CARREIRA SOLIDARIA que viñamos facendo nos últimos cursos. Este ano, tócanos facela de maneira diferente seguindo as medidas de seguridade seguindo o protocolo COVID:
- Correrán os cursos por aulas burbullas
- Durante 10-15 minutos.
- As familias non poderán acceder ao recinto.
¡¡CONTAMOS CO VOSO APOIO!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »