Mandadiños

 

O Entroido está moi preto e dende o colexio imos a realizar ao longo da semana previa unha serie de mandadiños. Os tedes eiquí para que os vaiades preparando. Esperamos moita orixinalidade ao longo da semana.

Mandadiño en Galego

Mandadiño en Inglés

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2021/22 PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O próximo 11 de xaneiro iníciase o prazo para a reserva de praza nos centros adscritos para o alumnado de 6º de Primaria. 

Podedes acceder a toda a información pinchando aquí.

SPREAD CHRISTMAS CHEER

Buscamos o espírito do Nadal na nosa comunidade. Atréveste a mandarnos unha foto ou un pequeno video como os que vedes neste video? Se é así, podedes facelo enviándoo ao correo electrónico: vilose2019@gmail.com poñendo no asunto o nome do alumno/a e o seu curso.

Calendario de Advento de Contos

Este ano querémosvos agasallar cun conto para cada un dos días antes do Nadal. Todos eles cunha temática relacionada coa igualdade, diversidade, repecto e a tolerancia representados polo noso alumnado con todo o seu agarimo. Abride o cartel que corresponde ao día da semana e gozade do conto! Cada día estrearase un deles (non se poderán ver antes do día). Podedes deixar o voso comentario no blog despois de velos para que os creadores poidan velos.

  


 

Devolución cartos excursión cancelada a Manzaneda do curso 19-20

 

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO QUE CURSABA 6º NO CURSO 19-20

 

Dende Manzaneda xa realizaron a devolución dos cartos da reserva da excursión programada o pasado curso e que foi cancelada por mor do confinamento. Realizaremos a entrega dos cartos o xoves 22 de outubro de 2020 de 16:00 a 18:00. Poderán pasar a recollelo as nais, pais ou titores legais. Por mor do COVID-19 a entrega realizarase do seguinte xeito: Chamades ao timbre e o conserse achegarase co sobre e o listado para anotar a recollida. Moitas grazas.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG do 08/10/2020)

MARTES 29 DE OUTUBRO ÁS 12:00 HORAS, 

SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS 

MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

(Titulares e Suplentes)

 

IMPORTANTE: A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR QUEDA POSPOSTA ATA NOVO AVISO

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE