BOLSAS MUNICIPAIS DO COMEDOR CURSO 2022/23
Nos seguintes enlaces pódese consultar a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-23:
- Taboleiro de edictos:
- Páxina web de servizos sociais:
- Taboleiros dos centros cívicos municipais.
Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.
O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 12 ao 26 de xullo de 2022, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
ENTREGA DA DONACIÓN Á AGAUCRAINA
Hoxe fixemos a entrega do diñeiro recaudado na carreira solidaria para Ucraína por parte da comunidade educativa do CEIP PLURIL. VICTOR LÓPEZ SEOANE: 2.954,19 €.
Contamos coa presenza da directora da asociación AGAUCRAINA xunto cun voluntario que viñeron a recollelos cartos e fixéronnos entrega dun diploma para o alumnado do centro polo esforzo realizado.
MOITAS GRAZAS A TOD@S E MOITO ÁNIMO UCRAÍNA!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »