Calendario de Advento de Contos
Este ano querémosvos agasallar cun conto para cada un dos días antes do Nadal. Todos eles cunha temática relacionada coa igualdade, diversidade, repecto e a tolerancia representados polo noso alumnado con todo o seu agarimo. Abride o cartel que corresponde ao día da semana e gozade do conto! Cada día estrearase un deles (non se poderán ver antes do día). Podedes deixar o voso comentario no blog despois de velos para que os creadores poidan velos.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA.
No DOG de hoxe saíu publicada a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA.
Orde do 6 de novembro do 2020 (publicada no DOG do 13 de novembro de 2020)
BENEFICIARIOS:
- Alumnado de Educación Primaria.
- O alumnado que fose beneficiarios da axuda para adquirir material escolar (o cheque de material de 50 euros). ESTAS FAMILIAS NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, CONCÉDESELLES DE OFICIO.
- Familias que non tiveron cheque de material escolar para este curso e, ainda así, teñen unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros (renda correspondente ao exercicio 2018).
- Alumnado matriculado en Educacíón Especial, ou suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teñen unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
- O prazo de presentación das solicitudes serán de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (é dicir, do luns 16 de novembro ata o venres 27 de novembro).
- As solicitudes presentaranse de maneira presencial no colexio PREVIA CITA (solicitarase por correo electrónico no mail ceip.victor.seoane@edu.xunta.es)
DOCUMENTACIÓN
- Impreso de solicitude
- Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
- Outra documentación acreditativa en caso de separación ou divorcio, discapacidade do alumnado, situación de violencia de xénero...
Devolución cartos excursión cancelada a Manzaneda do curso 19-20
AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO QUE CURSABA 6º NO CURSO 19-20
Dende Manzaneda xa realizaron a devolución dos cartos da reserva da excursión programada o pasado curso e que foi cancelada por mor do confinamento. Realizaremos a entrega dos cartos o xoves 22 de outubro de 2020 de 16:00 a 18:00. Poderán pasar a recollelo as nais, pais ou titores legais. Por mor do COVID-19 a entrega realizarase do seguinte xeito: Chamades ao timbre e o conserse achegarase co sobre e o listado para anotar a recollida. Moitas grazas.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG do 08/10/2020)
MARTES 29 DE OUTUBRO ÁS 12:00 HORAS,
SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS
MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL
(Titulares e Suplentes)
IMPORTANTE: A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR QUEDA POSPOSTA ATA NOVO AVISO
PROTOCOLOS COVID
No lateral da páxina, no apartado de protocolo COVID, en documentos, tedes colgados os protocolos adaptados da ANPA FARO e o da FEDERACIÓN DE ANPAS.
COIDÁNDONOS ENTRE TODOS
Familias, cando deixemos aos peques no cole temos que dar exemplo, sexamos puntuais e manteñamos as distancias!!! É duro, pero necesario.
BENVIDOS AO NOVO CURSO
Agradecemos a colaboración das familias pola boa entrada no día de hoxe.
Recordade que debedes chegar ao centro no voso horario, nin antes nin despois para evitar aglomeracións.
GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS!!!
ENTRADAS E SAÍDAS
A continuación podedes ver por qué camiño terá que entrar o/a voso/a fillo/a. Cada curso ten unha cor pola que deberán entrar para garantir a distancia.
Lembrade que o horario de entrada/saída son distintos para cada nivel.
EDUCACIÓN INFANTIL
4 e 5 ANOS. ENTRA 5 ANOS ÁS 9:05h. E 4 ANOS ÁS 9:10h.
EDUCACIÓN PRIMARIA
1º e 2º ENTRAN ÁS 9:00h.
3º e 4º ENTRAN ÁS 8:55h.
5º e 6º ENTRAN ÁS 8:50h.
CAMIÑOS QUE DEBERÁN SEGUIR SEGUNDO A SÚA COR.
ALUMNADO QUE SE INCORPORA POR PRIMEIRA VEZ AO CENTRO
O alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro terá que esperar ata ás 9:15horas no exterior do recinto para que o profeosrado os acompañen as súas respectivas aulas.
