Aliméntate Ben!

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Tagged:  

Os Arroases

O sabor da aventura está no mar

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe. Cada un deles ten un "superpoder" unido a cada unha das especies que se van repartir nos centros escolares no marco desta campaña (sardiña, xurelo, rodaballo, mexillón, troita, lirio, pescada).


Os Arroases detectaron dende hai un tempo que a outros nenos e nenas non lles gusta moito o peixe e están dispostos a facer que as cousas cambien. Os seus superpoderes poden ser compartidos por todos eles! Para iso póñense en contacto cun pescador, Luis, e cunha cociñeira, Dona Mariña.

 

Coa súa axuda, teñen a importante misión de facer chegar a súa mensaxe a todos os colexios. O final da aventura ten lugar precisamente alí, nos colexios!

 

Preme na imaxe para descubrir a súa páxina na que tedes xogos, receitas, unidades didácticas, vídeos e imaxes....

 

RECORDADES A NOSA EXCURSIÓN A BAIONA?

 

Pois aquí tedes as nosas fotografías alí:

https://osabordaaventuraestanomar.xunta.gal/gl/galeria/ceip-vicente-risco-cualedro-en-baiona 

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013