Skip to Content

arquivo

CONTACONTOS SOBRE IGUALDADE

Raquel Queizás amenizounos a mañá aos nenos de 1º e 2º cos seus contos sobre igualdade. Pasamos un rato moi divertido escoitando, participando e ata colaborando como actores e actrices. 

Contacontos de Igualdade from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

COMEZAN OS APADRIÑAMENTOS LECTORES

Fermosos momentos das primeiras lecturas compartidas entre os máis maiores e os máis pequenos do cole. Aprendendo entre iguais, coñecéndose para mellorar a convivencia e collendo hábitos de lectura por pracer. 

 

PROPOSTAS PARA O DÍA DA PAZ

Pingüi mandounos unha nova mensaxe para investigar sobre o facho olímpico, o manifesto e a cerimonia de apertura. Aquí vos deixamos a súa carta para Educación Primaria e como foi recibido en Educación Infantil. O día 30 inauguramos o ano olímpico, no CEIP Vicente Otero Valcárcel "Lemos por deporte"!

 

 

Chegan as cartas do Día da Paz from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.