arquivo

DESPEDIDA MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Despedimos aos nosos padriños e madriñas lectoras de 6º de EP con agasallos e biscoito. Moitas grazas por lernos!

VISITAS DE AUTORAS: MARÍA LADO.

A poeta María Lado visitou o noso centro e realizou co alumnado de 2º un obradoiro de poesía dadaísta. Os nenos e nenas díronlle unha nova vida aos versos da súa obra "5 MINUTOS" ilustrado por Nove-Noel e de Auga Editora. Ademais firmounos un montón de libros e deixou a súa pegada no de visitas da biblio. Grazas por todo, María!

 

ENCONTRO CON AUTORAS: SABELA FERNÁNDEZ TRELLES.

A autora Sabela Fernández Trelles visitou aos nenos e nenas de 2º  de EP e fixo con eles un obradoiro relacionado co libro que leron "O Ladrón de Soños" da Editorial Xerais. Aquí unhas imaxes da súa visita. 

 

ENCONTROS INTERXENERACIONAIS

Hoxe foi un día especial, no cole fixemos uns encontros interxenaracionais unindo o presente, o pasado e o futuro de Carral. A partir de varias fotos antigas onde se mostraba a construción da carretera de Paleo, as escolas de nenos e nenas, as mulleres nos lavadoiros, o equipo de fútbol... (aportadas pola Concellaría de Cultura) o alumnado de 1º, 2º e 4º de EP puido desfrutar dunha entretida conversa cos membros da Coral "Aires de Carral" que ademais de contarnos un montón de cousas de como era a vila antes nos deleitaron con varias cantigas. Moitas grazas por todo! Con esta actividade damos por rematado o Proxecto Documental Integrado do centro deste ano: "Descubrindo Carral, temos moito que contar" e hoxe tamén que cantar!. Grazas a todos e todas as que colaborástedes dalgún modo para que todo esto fora posible. 

 Equipo de biblioteca. 

Para ver o resumo do proxecto podedes picar AQUÍ, este é o enlace á páxina web onde están recopiladas todas as actividades que se fixeron. Está en contrución, en breve poderedes vela completa.  

 

BO VERÁN A TODOS E TODAS!

 

PINGÜIXORNAL

Este é o xornal elaborado polos nenos e nenas de 1º, 5º e 6º de EP nos grupos internivel dos venres. 

PROGRAMA "ANACOS DE VIDA", TVG.

Probablemente estes días vístedes un autobús azul bastante chamativo pola vila era o do programa da TVG "Anacos de Vida" que se emitirá despois do verán e que conta as historias que se agochan nas fotos antigas. O programa contou coa participación do alumnado voluntario de 1º A e B do CEIP Vicente Otero Valcárcel, algunhas esceas graváronse dentro do centro para o que contamos coa colaboración de alumnado de 3º e 2º de EP que actuaron como extras. Aquí vos deixamos unhas imaxes. 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña