arquivo

NACE RADIO PINGÜI!

Estamos facendo probas para o nacemento da nova RADIO PINGÜI, aquí a nosa primeira publicación, en breves teredes máis noticias... MEDRAMOS!

PREMIOS DA HISTORIA DE PINGÜI

Xa temos gañadores do concurso de Pingüi, Aroa de 5º A será a encargada de facer o vídeo que narre a historia da mascota da biblioteca. Aquí vos deixamos todos os contos que presentástedes e os mellores momentos da recollida dos agasallos. Moitísimas grazas pola vosa participación! A seguir creando e contando contos que vos sae moi ben!

NOTA: Para transcribir os contos dos nenos e nenas tratouse de seguir o traballo deles da maneira máis real posible, por iso, se vedes erros decirvos que so quixemos ensinarvos como eran as historias reais cando as recibimos. É o seu traballo e así o quixemos mostrar. Si que cambiamos aspectos relacionados coa ortografía ou a concordancia, xa que o corrector facíao directamente, pero en esencia esta é a súa obra.

 

HISTORIA PINGÜI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PINGÜI AXUDA NOS PROXECTOS

Os nenos e nenas de 4 anos de infantil están investigando sobre os peixes, Pingüi enterouse e foilles levar á aula libros de contos relacionados con esta temática. Aquí vos deixamos unhas imaxes deste momento. 

8 DE MARZO

Para conmemorar o 8 DE MARZO, o Día da Muller, dende o Equipo da Biblioteca propoñemos facer unha EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA cunhas "HEROÍNAS" diferentes, esas mulleres anónimas que son importantes nas nosas vidas e que tamén merecen unha homenaxe pola súa labor e traballo no día a día. Non son famosas nin grandes personalidades pero son indispensables: nais, avoas, tías, irmáns, madriñas... Traede as vosas fotos!

 

Baseámonos para facer este mural na idea de Joseba MP que pinta nas paredes a avoas do rural galego co seu mandil de cadros representadas coma mulleres con superpoderes. Se picades AQUÍ podedes escoitar a entrevista ao autor na RTVG. 

https://ep01.epimg.net/verne/imagenes/2017/12/17/articulo/1513497722_861204_1513502276_sumario_normal.jpg

URL da imaxe picando AQUÍ. 

 

Tamén fai referencia a este tema unha cantiga do disco da Gramola Gominola que fala da "Avoa Fina" e dos seus ""ferrados de forza". Temos o CD na biblio por se a queredes practicar, neste caso deixámosvos o "karaoke".

Coma sempre, tamén tedes á vosa disposición unha escolma de libros sobre mulleres: biografías, contos...  Pasádevos para botarlles un ollo!

ACERTIXO DE RADIO PINGÜI

Radio Pingüi déixavos un acertixo. A ver se o adiviñades. Dádelle ben ao miolo! 

PETICIÓNS E POESÍA

Xa podedes coller moitos dos libros que pedístedes no "Buzón de Suxerencias". Aproveitamos tamén para avisarvos que mercamos varios libros de poesía e xa que o 21 de marzo é o seu día...  que mellor regalo que lela? 

 

REALIDADE AUMENTADA

Na parte do libro informativo podedes ver o voso corpo por dentro se poñedes a camiseta "máxica". Vide á biblioteca e pedídelle a un colaborador que vos deixe a Tablet para comprobalo. 

A HISTORIA DE PINGÜI

A comezo de curso dende o Equipo de Biblioteca convocabamos un concurso para saber como puidera chegar Pingüi ao noso colexio. Esta é a historia gañadora, pertence a Aroa Mª García Rodríguez de 5º A.  Unha vez máis moitísimas grazas a todos e todas pola colaboración.

A HISTORIA DE PINGÜI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña