arquivo

OS DEREITOS DO LECTOR

Dende a biblioteca do cole quixemos conmemorar o "Día dos Dereitos da Infancia" enfocando o tema dende a lectura, por iso ilustramos os principios de Pennac sobre os "10 Dereitos dos lectores". Aquí deixamos o resultado.

 

O TEU SORBO DE LECTURA

Quen ten sede de lectura? Con esta actividade pretendemos animarvos a facer recomendacións e a elaborar unha aportación, un pequeno "sorbo", dos vosos libros favoritos. Animádevos a participar, pedide o voso vaso na biblioteca. 

 

MOMENTOS NA BIBLIO

Queriamos compartir con vos estes momentos, son fermosas imaxes que se poden observar cada día polos diferentes recunchos da biblioteca. Encántannos!

 

MES DA ILUSTRACIÓN

O 30 de Xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, conmemórase nas bibliotecas galegas o Día da Ilustración. Aproveitando este feito dende a nosa biblioteca decidimos alongar a celebración durante todo o mes con obradoiros en diferentes clases e nos recreos. A encargada de impartilos foi a ilustradora e bióloga Estefanía Padullés autora de libros de Editorial Hércules como "El secreto del gato Klops", "Max e Lea" ou "A canción do sol". Aquí vos deixamos algunhas imaxes destes momentos. 

ILUSTRACIÓN from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Ademais, xa que ten a especialidade no debuxo de animais, non perdimos a oportunidade de que nos deixara a súa particular representación de Pingüi. 

REPOSICIÓN DE PELIS

Xa podedes vir pola biblio a coller algunhas das pelis que estaban estropeadas e seguir desfrutando delas.

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE ARTE E DE ENTROIDO.

Na entrada da biblio poderedes atopar moitos libros dos pintores e dos cadros dos que ides ir disfrazados este Entroido. Se o que necesitades son ideas para inspirarvos, tamén podedes consultar as estanterías de exposición onde atoparades libros de instrucións para confeccionar os vosos propios traxes. 

TEMOS PDI NA BIBLIOTECA!

Recentemente o equipo TIC ven de colocarnos unha pizarra dixital na biblioteca, estamos encantadas!

Se eres mestre e queres usala hai unha folla para anotarse na cortiza do lado da porta.

PUNTO DE LECTURA

Inauguramos o noso punto de lectura na entrada do colexio para conmemorar o Día Escolar da Paz e Non Violencia. Animádevos a pasar un rato agradable lendo algúns dos contos que vos recomendamos ou ilustrando na pizarra. Esperamos que vos guste e vos sexa útil!

 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña