Actividades

Actividades en xeral do centro: excursións, celebracións, festas, saídas...

Premio Garelos de Educación e Cultura 2012

O Concello de Betanzos concede o "Premio Garelos de Educación e Cultura" 2012 ó colexio C.E.I.P. Francisco Vales Villamarín . Recolleu o premio en nome de toda a comunidade educativa o director D. Andrés Otero Martínez.

PREMIOS GARELOS 2012

SAÍDA DOS ALUMNOS DE 5ºA A "CERÁMICAS DO CASTRO"

 

SAÍDA A “CERÁMICAS DO CASTRO”

O martes, 23 de  outubro de 2011, os alumnos de 5º A fixemos unha saída  a “Cerámicas do Castro”.

NO AUTOBUS

Alí aprendemos a facer unha cunca de barro. A fixemos da seguinte  maneira:

1º-  Formamos seis churros.

FACENDO CHURROS

2º-  Con cada churro, puxemos no  fondo o caracol máis  grande, cos demáis rellenamos os laterais (esmagandoos un pouco).

3º - Nun molde que nos deixaron , puxemos no  fondo o caracol máis  grande, cos demáis rellenamos os laterais (esmagandoos un pouco).

4º- Alisamos todo coa axuda dunha  espátula.

traballamos coa espátula

5ºPuxemos as  iniciais do colexio, o noso curso  e  nº de  lista.

Mentras  as deixabamos  secar fumos ver un vídeo onde se nos explicaba como se facían as pezas e un pouco da historia da fábrica.

Despois nos levaron a ver como se traballaba. Vimos moitos obreiros, cada un facendo algo diferente. Tivemos que pasar con moito cuidado sen saírnos do camino marcado, todos  fixemos moitas fotos para ensinar na casa.

continuamos coa visita

percorrido pola fábrica

 

A continuación voltamos ao obradoiro onde pintamos as cuncas . Eu pinteina de amarelo. A monitora díxonos que esa cor tiña cola de coello e por iso cheiraba tan mal. ¡A min fíxome moita gracia!

PINTAMOS AS CUNCAS

TODOS E TODAS PINTANDO

O NOSO TRABALLO

Paseino moi ben, espero voltar outro día con máis tempo e poder ver a tenda xa que nesta ocasión non tivemos tempo.

Máis imaxes das Xornadas de Atención á Diversidade

Clausura da "I PRIMEIRA XORNADA DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE" con Dona Mª Carmen Calatayud Romero (ANPA Brigantium), Excmo Alcalde de Betanzos e o Director do CEIP Vales Villamarín.
CLICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
I XORNADA DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

I Xornadas de Sensibilización e Atención á Diversidade. Vídeo

Algúns dos mestres e persoal que traballa no Vales Villamarín de Betanzos doaron amablemente as súas imaxes para iniciar as I Xornadas de Sensibilización e Atención á Diversidade con este vídeo, que é un algo, ainda que é pouco, pero que comeza coa reflexión propia de que todos somos diferentes, bos para unhas cousas e malos para outras, e isto é o que nos enriquece. Foi unha experiencia inolvidable moitas grazas a todos e todas os que fixéstedes posible este proxecto que nos fixo a todos un pouco máis sensibles e mellores persoas.
NO "VALES", TI VALES, NO "VALES" VALEMOS TODOS!
Recordade que "xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas: poden cambiar o mundo"

Untitled from Patricia Pena on Vimeo.

ENTROIDO

O equipo de Dinamización da Lingua Galega súmase ás celebracións do Entroido, por iso, convidamos a todos os pais e nais que queiran participar a que nos mandedes as vosas receitas de cociña das comidas típicas desta época do ano. Seguro que facedes unhas cousas riquísimas! Cando as recopilemos poñeremos fotos dos rincóns "NO VALES, EN GALEGO", xa veredes que "deliciosos" quedan.

 

Pero...

Sabedes de onde ven esta festa ancestral? Cales son os lugares de Galicia onde se viven máis estas datas?  Pois picade AQUÍ e descubrirédelo!

 

Sen dúbida esta é unha das festas máis divertidas do ano, sobre todo para os máis pequenos da casa, son uns días onde se permite "case todo" (como ben recolle a sabedoría popular), pero tede coidado porque:

 

Tamén é a despedida dos días curtos e fríos como tamén nos ensinan os nosos ditos: 

 

Moitas das festas paganas coma esta coinciden cos festas de tipo relixioso, neste caso cando remata o Entroido comeza a chamada "Cuaresma" unha etapa que a igrexa describe como de recollemento espiritual na que non se pode comer carne:

Para saber máis cousas sobre o Entroido en Galicia picade AQUÍ. (Esta é a páxina da COORDINADORA GALEGA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA)

Agora que xa sodes uns expertos en "entroidadas" deixamósvos uns xogos. Disfrutádeos moito e "falade un pouco galego, se non queredes perdelo!".

Primeiro, o puzzle do peliqueiro (pica na palabra "puzzle" para facelo)

 

 Segundo, a ver que guapo vos queda disfrazado Winnie de Pooh! (Picade AQUÍ para xogar)

 

 

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DESÉXAVOS UN FELIZ ENTROIDO!

XUBILACIÓNS

O C.E.I.P. "FRANCISCO VALES VILLAMARIN" RINDE HOMENAXE ÓS MESTRES XUBILADOS: Mª LUZ FERNANDEZ CARRO,ANTONIA GÓMEZ, Mª ISABEL ÁLVAREZ, Mª CARMEN MARTÍNEZ E MANUEL LÓPEZ RÍO






Distribuir contido