Celebracións

Celebracións realizadas polos alumnos

Letras Galegas 2015

Pica na imaxe e visita o blog "Non te cortes coa lingua" para visualizar en imaxes as actuacións dos nen@s do colexio durante a Semana das Letras Galegas.

SAMAÍN 2012

NO CEIP FRANCISCO VALES VILLAMARÍN GÚSTANOS MOITO CELEBRAR O SAMAÍN E POR ISO COMO TODOS OS ANOS FIXEMOS EXPOSICIÓNS DE CABAZAS.

AOS RAPACES GÚSTALLES MOITO BALEIRAR AS CABAZAS PARA LOGO DECORALAS.

DE SEGUIDO PODEDES VER ALGUNHAS DAS SIMPÁTICAS CABAZAS QUE FIXERON OS ALUMNOS.

OS CATIVOS DISFRUTARON MOITÍSIMO.

FELIZ SAMAÍN!!!!!!!

CLICA AQUÍ PARA VER MÁIS CABAZAS E OUTRAS ANIMACIÓNS.

Entroido. Actividades Dinamización da Lingua Galega

ENTROIDOClica na imaxe para ver as actividades que propon para o Entroido o equipo de Dinamización da Lingua Galega.

ENTROIDO

O equipo de Dinamización da Lingua Galega súmase ás celebracións do Entroido, por iso, convidamos a todos os pais e nais que queiran participar a que nos mandedes as vosas receitas de cociña das comidas típicas desta época do ano. Seguro que facedes unhas cousas riquísimas! Cando as recopilemos poñeremos fotos dos rincóns "NO VALES, EN GALEGO", xa veredes que "deliciosos" quedan.

 

Pero...

Sabedes de onde ven esta festa ancestral? Cales son os lugares de Galicia onde se viven máis estas datas?  Pois picade AQUÍ e descubrirédelo!

 

Sen dúbida esta é unha das festas máis divertidas do ano, sobre todo para os máis pequenos da casa, son uns días onde se permite "case todo" (como ben recolle a sabedoría popular), pero tede coidado porque:

 

Tamén é a despedida dos días curtos e fríos como tamén nos ensinan os nosos ditos: 

 

Moitas das festas paganas coma esta coinciden cos festas de tipo relixioso, neste caso cando remata o Entroido comeza a chamada "Cuaresma" unha etapa que a igrexa describe como de recollemento espiritual na que non se pode comer carne:

Para saber máis cousas sobre o Entroido en Galicia picade AQUÍ. (Esta é a páxina da COORDINADORA GALEGA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA)

Agora que xa sodes uns expertos en "entroidadas" deixamósvos uns xogos. Disfrutádeos moito e "falade un pouco galego, se non queredes perdelo!".

Primeiro, o puzzle do peliqueiro (pica na palabra "puzzle" para facelo)

 

 Segundo, a ver que guapo vos queda disfrazado Winnie de Pooh! (Picade AQUÍ para xogar)

 

 

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DESÉXAVOS UN FELIZ ENTROIDO!

Samaín

Os nenos de Educación Infantil estiveron celebrando o Samaín e traballaron co conto "Corre, corre cabaciña". Fíxose unha exposición de cabazas e ademais baleirouse unha cabaza por aula.Samaín

Magosto

Os alumnos de Educación Infantil celebraron o Magosto e ademais disfrutaron da presenza dun castañeiro que lles fixo moitísima ilusión.Os alumnos de Educación Infantil están emocionados agardando que lles toque a súa quenda para levar as castañas.

Distribuir contido