RANGOLI

Na materia de plástica (arts), realizouse este rangoli típico de diferentes lugares da India. Grazas ao noso auxiliar de conversa Shad por achegarnos ao coñecemento da cultura do seu país!

 

OBRADOIRO DE BRINQUEDOS

Antón Cortizas volveu visitarnos para realizar o segundo obradoiro de brinquedos tradicionais con alumnado de quinto e sexto de primaria.

ENCONTROS NA NOSA BIBLIOTECA: ISABEL AGUIRRE DE URCOLA

Tivemos a honra de contar na nosa biblioteca con Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta e paisaxista premiada nacional e internacionalmente.

No seu relatorio, falounos de como todas e todos somos protagonistas na construcción da paisaxe, así como da importancia do deseño dos patios escolares con elementos naturais e diferentes propostas, de xeito que se convirtan en espazos máis inclusivos. 

Grazas Isabel por compartir esta tarde tan inspiradora connosco, e ao alumnado de quinto pola presentación da nosa convidada!

TODOS E TODAS CONTAMOS

Actividade ofertada dende Afundación, e na que o alumnado de 2º a 6º de primaria realizou dúas propostas (circuito circense e globoflexia). Os obradoiros foron impartidos por persoas con diversidade funcional.

REBUMBIO MATEMÁTICO

Alumnado de sexto curso de primaria participou no "XXII Rebumbio matemático".

OBRADOIRO DE COSTURA CREATIVA

Dentro das actividades do Polo Creativo, e vencellado ao proxecto de centro sobre as plantas, realizamos un obradoiro de costura creativa con estampado ecoprint. A actividade implicou á totalidade do alumnado do centro en diferentes partes do proceso (estampación, patronaxe, corte e cosido). As familias tamén compartiron os seus coñecementos connosco. Moitas grazas pola súa colaboración!

PRESENTACIÓN OBRADOIRO DE COSTURA CREATIVA

ENCONTROS NA NOSA RADIO: ENTREVISTA A XOÁN RUBIA

Na seguinte ligazón, podedes escoitar a entrevista que o alumnado de sexto lle realizou a Xoán Rubia na nosa radio.

https://drive.google.com/file/d/1jjZo1ywTrw25OElfecRsPbWGZMlkoSVR/view

ENQUISAS DE CONVIVENCIA ESCOLAR

Dende o día 2 de maio ata o día 31 de maio (ambos incluídos), está aberto o prazo para cubrir a enquisa de diagnose sobre convivencia escolar.

As familias, profesorado, alumnado, e persoal non docente, poderá acceder ao enlace correspondente coa súa clave de acceso.

"Recollida de atos para as familias" en:

https://edu.xunta.gal/convfamil

"Recolida de datos para o alumnado de 5º e 6º de primaria" en:

https://edu.xunta.gal/convpri

"Recollida de datos para o alumnado que require asistencia e fai uso de cuestionario pictográfico en:

https://edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en:

https://edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para o pesoal de adminstración e servizos" en:

 https://edu.xunta.gal/convpas

ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que reservou praza para o curso 2023- 2024, foi admitido. As listaxes provisionais están publicadas na corcheira interior do centro.

XOGO DE PASCUA

A Asociación Apelón Educación organizou para rematar o trimestre unha xincana, a través da cal, o alumnado tiña que atopar as pistas ocultas para acadar o premio final, un ovo de Pascua. Moitas grazas pola proposta!

Distribuir contido