XORNADA DE COLPBOL EN SANTA ICÍA (NARÓN)

Alumnado de quinto e sexto de primaria participaron nunha xornada na que practicaron colpbol con centros educativos de Ferrolterra.

ACTIVIDADE COA FP BÁSICA DE "AGROXARDINARÍA E COMPOSICIÓNS FLORAIS", DO IES DE MUGARDOS

Dentro do noso proxecto de centro, adicamos un importante esforzo a identificar plantas da nosa contorna, investigar sobre as súas características, os coidados que precisan, e recoñecer a importancia que teñen no noso día a día.

Grazas á colaboración do profesorado e alumnado da FP Básica de "Agroxardinaria e composicións florais", o alumnado de educación infantil, aprendeu un pouco máis sobre plantas. Escoitaron un conto relacionado coa temática, fixeron sementeiras de chícharos e cabazas de Samaín, e modificaron un pequeno espazo do centro dándolle vida cun xardín de plantas aromáticas.

DEPORTES NAÚTICOS EN ARES

O alumnado de sexto de primaria realizou deportes naúticos no Porto de Ares. Esta actividade é realizada dentro do programa Xogade.

 

VISITA DO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA AO IES DE MUGARDOS

Como parte do programa de transición á etapa de Educación Secundaria, coordinado polos departamentos de orientación  noso centro,o CEIP Santiago Apóstolo, e do IES de Mugardos, realizamos unha visita ao instituto co fin de que a promoción de sexto curso de primaria coñeza como vai ser a nova etapa.

O director Serafín, a orientadora Isabel, e alumnado de 1º da ESO, explicou ao alumnado as características e experiencias na nova etapa. Tamén tivemos tempo para levar a cabo un xogo cooperativo cos/coas novos/as compañeiros/as, visitar as instalacións, e merendar na súa cafetería. 

Queremos agradecer ao IES a organización da xornada.

 

O GALEGO DA MOITO XOGO

Alumnado de sexto de primaria participou na actividade con alumnado do CEIP Santiago Apóstolo, e do 1º curso da ESO do IES de Mugardos.

A actividade consistía na elaboración de carteis sobre Francisco Fernández de Riego, autor homenaxeado polas letras galegas, e unha xincana de xogos tradicionais. 

Actividade física, convivencia e lingua, é o resultado dunha actividade na que o alumnado desfrutou moito.

 

ACTIVIDADE DE REMO

O alumnado de 4º e 5º de primaria practicaron remo. Dita actividade foi organizada polo Club do Mar de Mugardos, dentro do programa Xogade, a través do cal podemos coñecer diversos clubes e prácticas deportivas da contorna.

 

MAIOS E LETRAS GALEGAS

Participamos na celebración dos maios e das letras galegas organizado pola Asociación Apelón e o Concello.

En primeiro lugar, o alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria, desfrutou da obra con monicreques "A viaxe feliz de Ramón Sanfiz". Esta peza está inspirada no libro "Galicia" de Francisco Férnández del Riego (autor homenaxeado polas letras galegas).

A continuación, elaboramos os maios no Cantón de Cora xunto co alumnado da FP Básica de xardinería do IES.

 

RANGOLI

Na materia de plástica (arts), realizouse este rangoli típico de diferentes lugares da India. Grazas ao noso auxiliar de conversa Shad por achegarnos ao coñecemento da cultura do seu país!

 

OBRADOIRO DE BRINQUEDOS

Antón Cortizas volveu visitarnos para realizar o segundo obradoiro de brinquedos tradicionais con alumnado de quinto e sexto de primaria.

ENCONTROS NA NOSA BIBLIOTECA: ISABEL AGUIRRE DE URCOLA

Tivemos a honra de contar na nosa biblioteca con Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta e paisaxista premiada nacional e internacionalmente.

No seu relatorio, falounos de como todas e todos somos protagonistas na construcción da paisaxe, así como da importancia do deseño dos patios escolares con elementos naturais e diferentes propostas, de xeito que se convirtan en espazos máis inclusivos. 

Grazas Isabel por compartir esta tarde tan inspiradora connosco, e ao alumnado de quinto pola presentación da nosa convidada!

Distribuir contido