INICIO DE CURSO 24-25

As reunións de inicio de curso levaranse a cabo nas seguintes datas:

4º de Educación infantil: Luns 9 de setembro ás 16:30 horas

5º de Educación infantil: Luns 9 de setembro ás 16:45 horas

6º de Educación infantil: Luns 9 de setembro ás 16:45 horas

1º Primaria: Luns 9 de setembro ás 17:30 horas

2º Primaria: Luns 9 de setembro ás 17:30 horas

3º Primaria: Martes 10 de setembro ás 16:30 horas

4º Primaria: Xoves 12 de setembro ás 16:30 horas

5º Primaria: Martes 10 de setembro ás 17:15 horas

6º Primaria: Martes 10 de setembro ás 17:15 horas

A actividade lectiva comezará o día 11 de setembro no horario habitual, así coma os servizos complementarios de transporte e comedor escolar.

PRAZOS PARA A XESTIÓN DE SOLICITUDES E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL

Prazo de solicitude: Do 21 de maio de 2024 ao 21 de xuño de 2024 (ambos inclusive).

Devolución dos libros do curso 2023- 2024: ata o 21 de xuño.

Publicación da listaxe provisional: luns 24 de xuño.

Reclamación ás listaxes provisionais: días 25 e 26 de xuño.

Publicación de listaxes definitivas: xoves 1 de xullo.

Entrega de vales e libros do fondo: dende o día 2 ao 9 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas.

*As persoas que non recollan os vales e os libros do fondo nas datas fixadas, poderán recollelos na primeira semana de setembro.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25

O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

Alumnado destinatario:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de primaria, posto que 5º e 6º ao participar no proxecto E- DIXGAL está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria.

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en educación primaria.

O alumnado que promociona á ESO presentará a solicitiude no IES onde reservou praza.

As solicitudes presentaranse a través da aplicación Fondolibros (Sede electrónica da Xunta) mediante o Certificado dixital ou a Chave 365, ou presencialmente na secretaría do centro, mediante a presentación dos Anexos I e II.

O horario de secretaría do centro para poder presentar as solicitudes é o seguinte:

Martes e mércores: de 09:05 a 09:50.

Mércores: de 13:10 a 14:00 horas.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR

O alumnado clasificado na fase local previa, participou no Campionato Provincial de cros de centros educativos, celebrado en Porto do Son. Parabéns aos participantes!

TRAMPEO VESPA VELUTINA

A Policía Local e o GES de Mugardos, visitáronnos para darnos unha pequena charla sobre a importancia da loita contra a vespa velutina, elaboración de trampas, e colocación das mesmas na contorna do centro.

CONTACONTOS NA NOSA BIBLIOTECA

Alumnado de educación infantil e de primeiro e segundo curso de primaria, desfrutaron dunha sesión con Inma Soto Iglesias, autora do conto "Xela, a superheroína de aldea".

Grazas á nosa ANPA por achegarnos esta actividade!

ADMISIÓN ALUMNADO: RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E ADMITIDAS

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión, resultou admitido. As listaxes están publicadas na corcheira interior do centro.

Distribuir contido