PROGRAMA ACOMPAÑA

Durante o presente curso o noso centro está a participar no Programa Acompaña, dirixido ao alumnado da etapa de Educación Infantil e dos dous primeiros ciclos de Educación Primaria dos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Na seguinte ligazón tedes máis información sobre as actuacións que se están a levar a cabo.

INFORMACIÓN PROGRAMA ACOMPAÑA

RESERVA DE PRAZA CURSO 24- 25

O prazo para presentar solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo. Nos arquivos adxuntos tedes o impreso de solicitude, un documento co número de prazas vacantes que se ofertan por curso, e unha nota informativa sobre o procedemento de admisión do alumnado.

Xunto co impreso de solicitude tamén deberase adxuntar unha fotocopia do libro de familia e (para o alumnado de primaria que provén doutro centro), un certificado de matrícula.

Para realizar a solicitude de admisión de xeito telemático, farase a través da seguinte páxina da Consellería.

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

Documento de solicitude de admisión

 -Nota informativa sobre o procedemento de admisión

- Vacantes admisión curso 24-25

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistíu ao CIS da Cabana a un espectáculo científico, centrado na importancia das mulleres científicas e tecnólogas ao longo da historia.

DÍA DA PAZ

Este curso para conmemorar o Día da Paz realizamos actividades de concienciación sobre a diversidade, e elaboramos murais colaborativos. Na seguinte ligazón ao blog da nosa biblioteca podedes ver as actividades realizadas https://biblodominicus.blogspot.com/2024/01/semana-da-paz-2024.html

PLAN DIRECTOR

O alumnado de 5º e 6º de primaria recibíu a segunda das charlas por parte da Garda Civil, sobre protección da natureza, dentro da participación do noso centro no Plan Director. 

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

Dende o día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro, está aberto o prazo para realizar a reserva de praza no centro de adscrición (IES de Mugardos), para o alumnado que cambia de etapa educativa.

As solicitudes deberán presentarse na secretaría do noso centro os martes de 9:05 a 9.45 horas, e os mércores de 09:05 a 09:45 horas, e de 13:10 a 14:00 horas, ou telemáticamente,  a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), utilizando o menú: solicitudes- reserva- crear.

As familias que non queiran facer reserva  no centro adscrito, deberán solicitar praza para os/as seus/súas fillos/fillas no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.

BO NADAL

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa deséxavos un Bo Nadal e próspero 2024!

2ª EDICIÓN RURAL ATHLETICS GIRLS CON BELÉN TOIMIL

A atleta olímpica mugardesa Belén Toimil, visitou o noso centro para desenvolver unha actividade de campaña de promoción do atletismo escolar en entornos rurais, e que forma parte do proxecto Rural Athletics Girls, que organiza a RFEA co apoio do programa Muller e Deporte do CSD. 

Realizou unha parte expositiva e unha parte na que o alumnado achegouse á práctica de diferentes disciplinas. 

Moitas grazas Belén pola túa visita!

Distribuir contido