IMPORTANTE!!

 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO

  • Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.
  • Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.
  • As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.

ADMISIÓN E MATRÍCULA

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

E MATRÍCULA 2020- 2021

Regulado por:

  • Decreto 254/2012 do 13 de decembro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica so 2/2006, do 3 de maio de educación. 
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Corrección de erros. ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a O. do 13 de marzo de 2013. 

 

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS:

·   Do 1 ao 17 de FEBREIRO: reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. O noso centro de adscrición é o IES de Mugardos. 

·   Antes do 1 de MARZO: publicación das vacantes dispoñibles no centro.

  Do 1 ao 20 de MARZO: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN (asinada polos titores que teñan a patria potestade) 

Poden cubrir o formulario de admisión na páxina https: //www.edu.xunta.es/admisionalumnado/a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión.

Feito iso poden optar por:

Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo que escollan para o seu fillo ou filla en primeiro lugar.

Se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

Tamén poden cubrir o formulario ED550A proporcionado polo Centro escolar

·   Do 23 de MARZO ao 13 de ABRIL: presentación de documentación para a aplicación do baremo no caso de maior demanda que oferta de prazas.

·   Antes do 25 de ABRIL: publicación provisional do alumnado admitido. Prazo de 5 días para reclamacións e prazo de 5 días para a resolución das reclamacións.

·   Antes do 15 de MAIO: publicación das listaxes definitivas.

·   Do 20 ao 30 de XUÑO: formalización de matrícula.

 

NOTA INFORMATIVA:

   Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle

   O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

   O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

"ARTE EN INFANTIL"

Exposición dos traballos realizados no 1º trimestre no ambiente de ARTE.

25 N

 25 DE NOVEMBRO

 

Co motivo do Día da Violencia Machista (25 N), toda a comunidade educativa participou en diversas actividades.

O alumnado e profesorado elaborou un video a partir do conto "Me llamo Pecas" de Raquel Díaz Reguera, co fin de eliminar estereotipos de xénero.

As familias foron convidadas pola tarde a un encontro no que se visualizou o video e se reflexionou sobre estes aspectos tan importantes na educación dos seus fillos e fillas.

Estas actividades pretenden dinamizar un dos aspectos recollidos na Plan de Igualdade do Centro (eliminación de esteriotipos de xénero).

Queremos agradecer a implicación e participación de toda a comunidade educativa na actividade.

 

A continuación amosámosvos as actividades realizadas. (pinchade nos seguintes enlaces)

- "ME LLAMO PECAS"

REFLEXIÓNS DOS NENOS E NENAS

CURSO 2019/2020

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2019-2020!!

 

Arrancamos este curso con moitas novas que queremos compartir con toda a nosa comunidade educativa:

 

  • Somos centro PLURILINGÜE!! Aumentamos as seccións bilingües a 1º de primaria, e no vindeiro curso a 2º. A partir de agora o noso cole chámase:"CEIP PLURILINGÜE UNIÓN MUGARDESA" 

 

  • Participamos no proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) en de primaria, para amplialo no próximo curso a 6º.
  • Renovamos a nosa Biblio e creamos novos espazos!! Pincha en Dominicus para ver o vídeoGuiño

Distribuir contido