ENTROIDO

Como cada ano, a nosa meca chegou cos mandados da semana. Tamén traballamos as diferentes personaxes do entroido galego. Cada aula investigou e realizou unha pequena exposición sobre a personaxe que se lle asignou.

 

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía, realizamos murais, lemos fragmentos das súas obras, fixemos unha instalación na entrada do centro, e un roteiro pola vila grazas á colaboración da Asociación Apelón.

Aprendemos unha morea de cousas!

ADMISIÓN ALUMNADO

O prazo para presentar solicitudes de admisión é do 1 ao 21 de marzo. No seguinte enlace tedes o impreso de solicitude.

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G-20222023.pdf

Xunto co impreso de solicitude tamén deberase adxuntar unha fotocopia do libro de familia e (para o alumnado de primaria que provén doutro centro) un certificado de matrícula.

Para realizar a solicitude de admisión de xeito telemático, farase a través da seguinte páxina da Consellería.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro, foi o Día internacional da muller e da nena na ciencia, unha iniciativa da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, co fin de promover a participación equitativa e plena, de mulleres e nenas na ciencia.

Dende o centro, este ano decidimos pór en valor a importancia de escoller ben o que ven os nosos/as nenos e nenas, co fin de romper os estereotipos e axudar a construír un mundo máis xusto para elas e eles.

Os referentes escollidos, proveñen do mundo televisivo infantil, que tamén educa, ás veces, non para construír e mellorar, senón para perpetuar inxustizas.

Os referentes elexidos foron: Ada Magnífica Científica, Gretchen (La banda del patio), Hermione Granger, Peg y el gato, Alize Tornberry, Los inBESTgator, Dora a exploradora, Mary e Susan, e  Vilma (Scooby Doo).

Con carteis informativos de todas elas repartidos por diferentes espazos do centro, o alumnado realizou unha actividade de búsqueda, selección de información e reflexión, coa que se pretendía a concienciación e por en valor a figura das mulleres e nenas na ciencia rompendo con estereotipos establecidos.

 

PLAN DIRECTOR

Os días 21 de xaneiro e 4 de febreiro, leváronse a cabo as sesións de intervención da Garda Civil, dentro do "Plan Director". Nelas, tratáronse os riscos de internet e o acoso escolar, e foron dirixidas ao alumnado de quinto e sexto de primaria. A súa finalidade é a concienciación, prevención, e desenvolvemento de boas prácticas nestes ámbitos.

FESTA DA CANDELORIA

Con motivo do Día da Candeloria, o equipo de Normalización Lingüística e Biblioteca, achegáronnos información e deseñaron unha instalación na entrada do centro sobre a orixe da festa e diferentes paxaros da nosa contorna, que nos animou a investigar e aprender unha morea de cousas!

http://biblodominicus.blogspot.com/2022/01/festa-da-candeloria-2022.html

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz divertímonos todas e todos no patio, xogando a diferentes xogos cooperativos que levamos a cabo no noso día a día na aula, co fin de incentivar todavía máis o traballo en equipo, a empatía a comunicación, a colaboración, e o fomento de valores e actitudes solidarias no noso alumnado. Tamén enchimos o noso "Cazo de Lorenzo" de bos propósitos para construír un mundo mellor.

NOVO PROTOCOLO NA XESTIÓN DE CASOS COVID

Adxuntamos para coñecemento da comunidade educativa o novo protocolo na xestión dos casos Covid.

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

Dende o día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, está aberto o prazo para realizar a reserva de praza no centro adscrito (IES de Mugardos) para o alumnado que cambia de etapa.

As solicitudes deberán presentarse na secretaría do noso centro (os martes de 16:00 a 17:00 horas, os mércores de 09:15 a 09:45 e os xoves de 09:15 a 09:45), ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), a través do menú: solicitudes- reserva- crear.

As familias que non queiran facer reserva  no centro adscrito, deberán solicitar praza para os/as seus/súas fillos/fillas no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.

Distribuir contido