ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso 2021-2022, está admitido.

A listaxe de alumnado admitido está publicada na corcheira interior do centro. Tamén podedes consultar a información en https.//www.edu.xunta.es/admisionalumnado

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

CONFERENCIA: HISTORIA DE VIDA. HISTORIA DE SUPERACIÓN

O alumnado de 5º e 6º participa no ciclo Educación S. XXI que desde Afundación obra social Abanca dedica este mes de marzo á Saúde social contra o acoso escolar a través desta conferencia e dous encontros tamén online con Zubizarreta para escolares.

Iñaki Zubizarreta, deportista profesional (ex-xogador da ACB) e campión da Copa do Rei 1998 co Pamesa Valencia, narraranos o que tivo que loitar dentro pero, sobre todo, fóra da cancha. E de como para chegar ata aí, na súa adolescencia, debeu encarar o monstro do Bullying que a punto estivo de arrebatarlle a ilusión, a esperanza e a vida... 

Esta é a Historia da súa vida, esta é unha Historia de superación porque, pase o que pase, sempre hai unha saída. SEMPRE.

                                                                                        

INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NO ÁMBITO ESCOLAR

Partindo dos contidos sobre vida saudable que comparten as materias de Educación Física e Ciencias da Natureza, durante o segundo e terceiro trimestre o alumnado de 5º e 6º participará nun obradoiro centrado na Prevención de adicións ás Tics e habilidades sociais. Este programa fomenta a prevención dos consumos, non limitándose unicamente na advertencia dos riscos; traballando contidos relacionados cos hábitos de saúde, os perigos nas redes sociais e videoxogos, nas apostas, ofertando alternativas de lecer e tempo libre, resolución de conflitos, así como o desenvolvemento da autoestima e o autocoñecemento.

Serán catros sesións coordinadas co persoal técnico de ASEDUC (Asociación Socio-Educativa para la Educación) enmarcadas no proxecto de prevención de condutas aditivas no que colabora o Concello de Mugardos.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021- 2022

Do 1 ao 22 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos, ábrese o prazo para presentar solicitude de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2021- 2022.

A lexislación relacionada co proceso de admisión é a seguinte:

Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG. 15/03/13)

Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG. 26/12/2012)

Orde 25 de xaneiro de 2017 (DOG. 01/02/2017) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Orde do 18 de decembro de 2020

As persoas interesadas en realizar a reserva de praza deben presentar no centro educativo:

Fotocopia do libro de familia.

Fotocopias do dni de todos os membros da unidade familiar.

Sentenza de separación ou divorcio (se é o caso).

Xustificación das necesidades de atención educativa específicas (se é o caso).

Certificaco de matrícula do centro anterior (se é por traslado).

Ademáis, segundo a Orde do 25 de Xaneiro de 2017, poderá solicitarse a admisión no centro educativo por vía telemática na páxina admisionalumnado.

Algúns aspectos a ter en conta á hora de formalizar a solicitude:

Para a presentación de solicitudes en horario de mañá, haberá que pedir cita previa. Os luns, martes e mércores de 16:00 a 18:00 horas, pódese acceder ao centro sen cita previa.

O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 22 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

No caso de proxenitores separados, divorciados ou non unidos por ningún vínculo legal, a solicitude ten que estar obrigatoriamente asinada polos dous titulares.

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro elixido en primeiro lugar. En caso contrario perderá os dereitos de prioridade.

Se un alumno/a cambia de centro deberá comunicar a renuncia á reserva de praza no centro de orixe antes de matricularse no novo.

Se houbese máis solicitudes que prazas nalgún nivel educativo, solicitarase a documentación complementaria para o baremo entre o 25 de marzo e o 15 de abril.

As listas provisionais de admitidos/as publicaranse o día 23 de abril, podendo reclamar contra as mesmas no prazo de 5 días hábiles mediante instancia dirixida á Dirección do centro.

As listas definitivas de admitidos/as publicaranse o 14 de maio de 2021.

A formalización de matrícula realizarase no período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño de 2021 en educación infantil e primaria.

DOCUMENTACIÓN:

ANEXO II- ED550B-C- IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN (castelá)

ANEXO II- ED550B-G- IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN (galego)



INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

Dende o día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, está aberto o prazo para realizar a reserva de praza no centro adscrito (IES de Mugardos) para o alumnado que cambia de etapa.

As solicitudes deberán presentarse na secretaría do noso centro (os martes e mércores de 16:00 a 18:00 horas), ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

As familias que non queiran facer reserva  no centro adscrito, deberán solicitar praza para os/as seus/súas fillos/fillas no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.

FELICES FESTAS

O equipo directivo quere agradecer a todas e cada unha das persoas que forman parte da nosa comunidade educativa, a colaboración e esforzo, neste curso tan diferente que estamos a vivir, pola situación de pandemia.

Lembrade que debemos seguir sendo responsables e coidándonos moito nestas vacacións.

Os nosos mellores desexos para estas datas.

Felices festas e próspero Ano Novo!

https://drive.google.com/file/d/1i-LP_2lLW2QKaRoqCF6YofILNTv4lReg/view?usp=sharing

PREMIOS RELATOS DE FIGURAS OCULTAS

A Concellería de Benestar Social entregou a unha alumno do centro o premio de relatos de figuras ocultas, así como o recoñecemento ao CEIP Unión Mugardesa pola súa implicación na sensibilización dos logros femininos na sociedade mugardesa.

https://mugardos.gal/a-redeira-mugardesa-e-unha-historia-para-non-esquecer-obras-premiadas-nos-relatos-de-figuras-ocultas/

Distribuir contido