O DÍA DOS OCÉANOS

O día 8 de xuño, é o Día dos Océanos, e dende Sogama, acaban de facer unha publicación que nos invita a reflexionar sobre o gran pulmón do planeta: os océanos.

http://www.sogama.gal/gl/campanha/rumbo-toda-vela-cara-%C3%A1-sostibilidade-dos-oc%C3%A9anos

Para esta conmemoración, na plataforma educativa de Sogama “Caderno Verde”, publicaron cinco pezas audiovisuais protagonizadas pola Familia Trebón e orientadas cara a unha temática común: un mar limpo.

http://www.cadernoverde.gal/merenda-marina/ 

Tamén vos deixamos uns xogos moi entretidos relacionados coa temática do mar.

http://www.cadernoverde.gal/un-mar-limpo/

 

Agardamos que vos gusten!!

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE DURANTE O CONFINAMENTO

Como ben sabedes, no CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa estamos moi concienciados cun bo coidado do noso medio ambiente. Mostra disto té o traballo que levamos facendo durante todo este curso e que non quedou no esquecemento durante este longo confinamento que nos tocou vivir. Os nenos e nenas fixeron diversas actividades con material de refugallo para contribuír así á reutilización de materiais que temos pola casa e a non mercar outros novos.

Nesta presentación podedes ver algunhas obras de arte que nos fixeron chegar.

UN XOGO DIVERTIDO

@s profes da Unión Mugardesa tamén queremos conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que celebramos o día 5 de xuño. Para iso, creamos un xogo moi divertido. É unha especie de “escape room” dixital. Agardamos que vos guste.

(Picade na imaxe).

 

UNÍMONOS A CAMPAÑA: DESPLASTIFÍCATE!!

Dende o noso cole, unímonos á campaña creada por Sogama, enmarcada no Día Mundial do Medio  Ambiente, coa que pretenden axudar aos cidadáns a crear bos hábitos no  consumo responsable de plástico.Aquí vos deixamos algunhas  destas boas prácticas:

✔Leva a túa propia bolsa reutilizable á compra (de tea, de rafia natural, unha cesta) ou ben o tradicional carriño. A bolsa de plástico utilízase unha media de 15 minutos, pero pode tardar séculos en degradarse na contorna.

✔Na casa e fóra da casa, opta por botellas de auga reenchibles, preferiblemente de aceiro inoxidable ou vidro.

✔Rexeita as palliñas plásticas (hainas de aceiro, bambú ou papel), así como os pratos, vasos e cubertos fabricados con plástico. En 2021 estarán prohibidos na UE.

✔Dá preferencia aos produtos comercializados a granel e, na medida do posible, elixe os envasados en cartón. Para almacenar os alimentos, mellor o vidro e as latas (de aceiro ou aluminio). Descarta bolsas, papel filme e recipientes plásticos.

✔Non esquezas que os microplásticos tamén están presentes na composición dos cosméticos e outros artigos de hixiene.

✔Elixe, sempre que poidas, produtos fabricados con materiais biodegradables. As alternativas son numerosas: desde peites de madeira ata esponxas de celulosa.

✔Prioriza as pinzas de madeira para tender a roupa e procura prescindir das cápsulas de café.

✔Á hora de regalar, mellor obxectos que non conteñan plásticos e estean fabricados con materiais reciclados.

✔En festas e celebracións, evita o confeti plástico, así como os globos. Os tradicionais de poliuretano poden permanecer máis de 400 anos na natureza e, os de látex, aínda que son biodegradables, poden tardar anos en degradarse se chegan ao mar; en contacto co aire, ata 2 ou 3 meses.

✔Recorda separar correctamente os residuos no fogar e depositalos nos contedores correspondentes para   propiciar o seu reciclado e, polo tanto, a súa transformación en novos produtos. Desta forma contribuirás a aforrar enerxía e materias primas.

 

2ª CONVOCATORIA DE AXUDAS COMPENSATORIAS DA SUSPENSIÓN DO SERVICIO DO COMEDOR ESCOLAR

 TODA A INFORMACIÓN PREMENDO A CONTINUACIÓN

 

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2020/2021

TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021 ESTÁ ADMITIDO

TRASCORRIDOS 3 DÍAS DENDE A PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL ESTABLECIDOS PARA AS RECLAMACIÓNS, PROCEDERASE A PUBLICAR A LISTAXE DEFINITIVA

ANTE CALQUERA CONSULTA UO DÚBIDA QUE POIDA XURDIR, PODEDES POÑERVOS EN CONTACTO CO CENTRO PREFERIBLEMENTE A TRAVÉS DO TELÉFONO, DE LUNS A VENRES DE 10:00 A 13:OO HORAS, E DO CORREO ELECTRÓNICO ceip.union.mugardesa@edu.xunta.gal

 

Solicitude de axudas para adquirir libros e material escolar.

Dende o día 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para a adquisición de libros de texto e material escolar, tal e como se regula Orde do 12 de maio de 2020.

O impreso da solicitude podédelo descargar aquí ou solicitalo na secretaría do centro.

1.- FONDO SOLIDARIO: Destinado ao alumnado de 3º a 6º de E.P (no noso caso 5º e 6º teñen libros dixitais posto que somos centro E-Dixgal) e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Os libros serán repartidos por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Por ese motivo, recomendamos que todo o alumnado a solicite.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

2.- AXUDAS LIBROS: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de E.P.

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou  inferior a 10.000 €: 140 €.

3.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º a 6º de E.P e ao alumnado da ESO.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

Nesta convocatoria presentarase unha ÚNICA solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

Para ser beneficiario do fondo de libros é condición indispensable, devolver os libros de texto recibidos no fondo solidario do curso 2019/2020.

Distribuir contido