Centros activos e saudables

2ª EDICIÓN RURAL ATHLETICS GIRLS CON BELÉN TOIMIL

A atleta olímpica mugardesa Belén Toimil, visitou o noso centro para desenvolver unha actividade de campaña de promoción do atletismo escolar en entornos rurais, e que forma parte do proxecto Rural Athletics Girls, que organiza a RFEA co apoio do programa Muller e Deporte do CSD. 

Realizou unha parte expositiva e unha parte na que o alumnado achegouse á práctica de diferentes disciplinas. 

Moitas grazas Belén pola túa visita!

CROS ESCOLAR

O alumnado de 2º a 6º de primaria, dentro do programa Xogade, participou nunha carreira de cros escolar en Narón, xunto con outros centros educativos da contorna.

I CONCURSO PEÓNS AO CAMIÑO

Todo o alumnado do centro participou noso I Concurso "Peóns ao camiño no CEIP Unión Mugardesa" co que pretendemos fomentar nas nenas e nenos o xogo tradicional.

 

PRACTICAMOS IOGA

Este curso retomamos a práctica do ioga, nas clases de educación física, coa axuda do noso auxiliar de conversa. Moitas grazas Shad!

TIRO CON ARCO

Monitores da Asociación Adarve, que imparten a actividade en Mugardos de tiro con arco, visitaron o noso centro para realizar unha xornada de práctica desta disciplina.

 

MODIFICACIÓN DE ESPAZOS

Este curso levamos a cabo pequenas modificacións nos espazos do patio. Pintamos xogos no chan, e a ANPA instalounos uns troncos na zona do carballo e maceteiros, cos que ademais de naturalizar o espazo, fomentamos o estudo e o coidado das plantas.

Coa modificación dos espazos pretendemos acadar un patio máis inclusivo, con diversas alernativas lúdicas, e que fomente a práctica de exercicio físico.

OBRADOIRO SOBRE ELABORACIÓN DE CREMA DE PROTECCIÓN SOLAR

Alumnado de quinto e sexto de primaria tiveron un obradoiro sobre elaboración de crema de protección solar con ingredientes naturais, e a importancia de protexer a nosa pel.

XORNADA DE COLPBOL EN SANTA ICÍA (NARÓN)

Alumnado de quinto e sexto de primaria participaron nunha xornada na que practicaron colpbol con centros educativos de Ferrolterra.

DEPORTES NAÚTICOS EN ARES

O alumnado de sexto de primaria realizou deportes naúticos no Porto de Ares. Esta actividade é realizada dentro do programa Xogade.

 

Distribuir contido