DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

A ANPA do noso centro organizou dúas charlas sobre hábitos de vida saudable, unha dirixida ás familias e outra ao alumnado, na que puidemos coñecer os diferentes aspectos que inflúen no desenvolvemento da crianza e un estilo de vida saudable.

DÍA DO LIBRO

Desta volta, o día do libro veuse marcado polo falecemento de Antonio Castro, o ilustrador do personaxe da nosa biblioteca, "Dominicus". Así, tendo en conta o acontecido, decidimos centrar este día na importante labor que ilustradores e ilustradoras teñen nos libros que enchen as nosas bibliotecas. Con Antonio Castro coñecimos a Dominicus, e en homexaxe a él, fixemos a nosa particular reprodución na entrada da escola. Grazas Antonio!

Tamén queremos agradecer a colaboración da ANPA na conmemoración deste día, coa actuación de Vero Rilo.

NAVEGA CON RUMBO

O noso centro participou no Programa "Navega con Rumbo", unha iniciativa, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de primaria, encamiñada a que os e as escolares, naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A intención do programa é que o alumnado se conciencie da necesidade de facer un uso responsable das tecnoloxías da comunicación e información, para poder aproveitar todo o que nos ofrece, adquirindo boas experiencias e novos coñecementos.

UNIÓN MUGARDESA CON UCRAÍNA

No noso cole dicimos NON a guerra, e SÍ a paz para Ucraína. Colaboramos co Concello na campaña de recollida de material, e  con este mural e pancartas, o alumnado de quinto, quere mandarlle todas as súas forzas e ánimo ao noso compañeiro de Ucraína, a súa familia e a todo o seu país. 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Dende o xoves 19 de maio ata o mércores 22 de xuño, estará aberto o prazo para a solicitude de fondo libros (3º,4º EP), e de axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º EP), e material (para todo o alumnado de primaria).

Orde do 29 de abril de 2022

As solicitudes poderán presentarse, na secretaría do centro todos os días da semana pola maña de 09:00 - 10:00 horas, e os martes pola tarde de 16:00 - 17:00 horas. Tamén as poderedes presentar dixitalmente na aplicación Fondo Libros, con certificado dixital ou chave 365.

Anexo I e Anexo II para a presentación presencial de solicitudes.

 

ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que reservou praza para o curso 2022- 2023, foi admitido. As listaxes provisionais están publicadas na corcheira interior do centro.

ENTROIDO

Como cada ano, a nosa meca chegou cos mandados da semana. Tamén traballamos as diferentes personaxes do entroido galego. Cada aula investigou e realizou unha pequena exposición sobre a personaxe que se lle asignou.

 

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía, realizamos murais, lemos fragmentos das súas obras, fixemos unha instalación na entrada do centro, e un roteiro pola vila grazas á colaboración da Asociación Apelón.

Aprendemos unha morea de cousas!

ADMISIÓN ALUMNADO

O prazo para presentar solicitudes de admisión é do 1 ao 21 de marzo. No seguinte enlace tedes o impreso de solicitude.

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G-20222023.pdf

Xunto co impreso de solicitude tamén deberase adxuntar unha fotocopia do libro de familia e (para o alumnado de primaria que provén doutro centro) un certificado de matrícula.

Para realizar a solicitude de admisión de xeito telemático, farase a través da seguinte páxina da Consellería.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Distribuir contido