PROGRAMA ESCOLAR FERROLTERRA POLA VIOLENCIA DE XÉNERO

O obxectivo do Programa é o de difundir entre os/as máis xóvenes este xesto silencioso internacional para pedir auxilio ante a violencia de xenéro, co fin tanto de recoñecelo se algunha muller o fai ao seu carón ou na súa contorna, como que poidan facelo en caso de sufrir violencia de xénero e precisar auxilio.

Decoramos as mans violetas e escribimos nelas diferentes mensaxes en contra da violencia de xénero, contribuíndo a crear a liña infinita de loita de Ferrolterra contra a violencia.

 

CROS ESCOLAR

O alumnado de 2º a 6º de primaria, dentro do programa Xogade, participou nunha carreira de cros escolar en Narón, xunto con outros centros educativos da contorna.

CHARLA DA GARDA CIVIL

Visitounos a Garda Civil, e impartíu unha charla para o alumnado de 5º e 6º de primaria, sobre os riscos de internet, con motivo da participación do noso centro no Plan Director.

O ‘Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna’ ten como principal obxectivo a coordinación entre a comunidade educativa e as Forzas e Corpos de Seguridade, para dotar aos e ás menores do coñecemento e das ferramentas necesarias, en aras de previr ou detectar situacións de risco que poidan afectar á súa seguridade.

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

O 20 de novembro, o noso centro sumouse  á actividade de concienciación proposta pola  Asociación Estatal de acollemento familiar "Ao cole en pixama". O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar e dar a coñecer o acollemento familiar como medida de protección que ofrece aos nenos, nenas e adolescentes que tiveron que ser separados da súa familia de orixe, unha familia que os coida, acompaña e quere durante o tempo que sexa necesario.

I CONCURSO PEÓNS AO CAMIÑO

Todo o alumnado do centro participou noso I Concurso "Peóns ao camiño no CEIP Unión Mugardesa" co que pretendemos fomentar nas nenas e nenos o xogo tradicional.

 

ENCONTRO DIGITALWEEK

Fomos convidados a participar no encontro Digitalweek 2023 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O noso alumnado de 6º de primaria compartíu unha xornada con outros centros educativos de diferentes puntos de Galicia, que participaron na actividade de inmersión ligüística.

Durante o desenvolvemento do encontro, e con motivo do día da ciencia en galego e do mes da ciencia, asistiron a conferencias de divulgadoras e divulgadores científicas/os, e participaron nun obradoiro de realidade aumentada.

PRACTICAMOS IOGA

Este curso retomamos a práctica do ioga, nas clases de educación física, coa axuda do noso auxiliar de conversa. Moitas grazas Shad!

SAMAÍN NA RÚA

Xa están preparadas as nosas cabazas para lucir nos comercios de Mugardos na noite de Samaín! Achégate á vila, e percorre coa axuda do mapa os escaparates dos diferentes establecementos para atopar a túa cabaza!

 

CHARLA SOBRE OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Todo o alumnado de primaria participou nunha charla sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible impartido por Ana Belén Paz. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), tamén coñecidos como Obxectivos Globais, foron adoptados polas Nacións Unidas en 2015 como un chamamento universal para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e garantizar que para o 2030 tódalas persoas desfruten de paz e prosperidade.

Moitísmas grazas Ana  por axudar a conienciarnos para que as nosas accións cotiás contribúan a facer un mundo mellor!

Distribuir contido