ACTIVIDADE COA FP BÁSICA DE "AGROXARDINARÍA E COMPOSICIÓNS FLORAIS", DO IES DE MUGARDOS

Dentro do noso proxecto de centro, adicamos un importante esforzo a identificar plantas da nosa contorna, investigar sobre as súas características, os coidados que precisan, e recoñecer a importancia que teñen no noso día a día.

Grazas á colaboración do profesorado e alumnado da FP Básica de "Agroxardinaria e composicións florais", o alumnado de educación infantil, aprendeu un pouco máis sobre plantas. Escoitaron un conto relacionado coa temática, fixeron sementeiras de chícharos e cabazas de Samaín, e modificaron un pequeno espazo do centro dándolle vida cun xardín de plantas aromáticas.