O noso centro foi seleccionado para participar, do 11 ao 17 de xuño, no programa de inmersión lingüística Spring Week, destinado ao alumnado de 6º curso de primaria. O programa desenvolverase nun centro residencial situado en Os Peares, en réxime de internado e ten como obxectivo a estimulación da práctica oral da lingua inglesa e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite a contorna escolar.
A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa e promoverá aprendizaxes significativas por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna (enerxías renovables, produción e consumo responsable, cidades sostibles, acción polo clima...), segundo se recolle nos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
Nos arquivos adxuntos tedes á vosa disposición a resolución da convocatoria e o dossier co desenvolvemento do programa.