Ideas de actividades para o festivo e a ponte

A continuación propoñemos dúas actividades para estes días, recordando que son actividades voluntarias.

Proposta de Actividades Globalizadas

Estimadas familias e alumnos-as, o primeiro de todo é desexarvos un “ENCERRO” o máis levadeiro posible.

   Nunca as palabras “Traballo Cooperativo” adquiriron tanto sentido coma neste momento que estamos a vivir:<<COOPERAR É SER SOLIDARIO,É PENSAR NO OUTRO, É AXUDARSE, É SEGUIR AS NORMAS INDICADAS,para poder chegar a bo termo>>.

   No tempo que teñades destinado para facer fronte a estas interminables horas, envíovos algunhas propostas que, como globalizadas que son,podedes intercalar no quefacer diario: pola mañá ao erguerse, no almorzo, no xantar, na merenda…

   Este illamento bríndanos a oportunidade de Gozar da Familia xa que moitos de vós, polas circunstancias laborables, non podedes facelo. Saquémoslle o mellor partido.

   Por último, desfrutade sobre todo de estar xuntos, de falar, de coñecervos máis, de lembrar momentos simpáticos tanto pasados como presentes da vida en común.

 Graciñas e un saúdo da titora Loli. Un bico grande e aéreo para os pequerrechos.

 Aquí deixo proposta de actividades que podedes introducir no voso horario e levalas a cabo paulatinamente. Se vos animades a facer algunha, os cativos as poden ir pegando nunha libreta na que ao inicio escriban  DATA (día semana-día mes-ano) e o nome.  É unha maneira de responsabilizarse do traballo e de levar un diario para repasar o feito.

   PROPOSTA DE ACTIVIDADES GLOBALIZADAS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL 5 ANOS-GRUPO A (OU,ADAPTÁNDOAS, PARA CALQUERA ALUMNADO DE INFANTIL)

Fagamos un horario, fagamos rutina

 

Poñemos referencias dalgunhas propostas de aula, por se vos serve para adaptalo ao voso horario e necesidades, que podedes ver pinchando "AQUÍ". Un EXEMPLO de horario podería ser:

(clica "Ler mais")

Apps, recursos e ideas

Continuaremos subindo materiais e propostas, sempre son totalmente voluntarias, e que calquera cousa que necesitedes estamos a vosa disposición.

  Un saúdo e moito ánimo!.

Equipo mestras educación infantil.

Páxinas web con materiais, recursos, aplicacións e ideas:

(clica "Ler mais")

Como xestionar o día a día na casa!?

Ola familias!

Dada esta nova situación, mentres dure o estado de alarma usaremos a web do cole para ir achegando propostas, ideas e actividades para realizar cos vosos fillos e fillas na casa.

Somos conscientes de que é unha situación difícil pero entre todos conseguiremos que sexa unha anécdota máis que contar dentro dun tempo.

E antes de nada comentar que todo o que se propoña é para intentar axudarvos na organización do día a día, pero en ningún caso é unha obriga, xa que en cada casa haberá unha realidade diferente.

Equipo de mestras de educación infantil.

A continuación damos unhas RECOMENDACIÓNS XERAIS:

(clica "Ler mais")

Calor de primavera

Desta volta coas mans na auga!!!SorrisoRisa

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Magosto

Este xoves 8 de novembro celebramos o Magosto 

na escola. 

Castañas e "choripan" nunha xornada de convivencia.

Vendima 2018

Celebramos A VENDIMA!!!!!!

 

Moitas grazas ao alumnado de 5º pola súa colaboración.

@S DE INFANTIL...DE MARISQUEO!!!

 Os nenos e nenas de Educación Infantil, traballaron a reo na praia de Bouzas onde foron mariscar xunto coas súas mestras da man dun grupo de expertos mariscadores.

Aprendendo a Amar o Mar...

 

 Pincha aquí para ver máis fotos 

Educación Infantil - illas atlánticas e MARCO

O alumnado de educación infantil visitou o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e o museo MARCO.

(aula 5 anos) novembro de Ciencia

Presentación da biblio e o tema deste curso “aMAR o mar”, participamos facendo follas para a árbore de convivencia, Halloween e magosto.

  

Traballamos no laboratorio descubrindo, investigando e clasificando algas. Preparamos as algas para facer un herbario, temos que ir cambiando as follas de xornal ata conseguir secalas!!!RisaRisa

 

Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!!

TODOS A VENDIMAR!!!

As nenas e nenos de Educación Infantil traballaron a reo entre as uvas...

Clica aquí para ver as fotos

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Primeiros días na aula de 3 anos!!!!

Unha gran xornada de experiencias!!!

 Coñecendo ás profes e o cole!!!!

Quiosco da Emigración

Con Vigo na maleta

un quiosco montamos

e a moitos nenos axudamos!!!

 

 

A asistenta social do CVC de Valadares recolleu os alimentos que mercamos.

Últimos días en EI - xeración 2014-17

Son os últimos días de xogar no patio de educación infantil.

Esta xeración xa chega á súa graduación!!