DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO. 2 DE ABRIL

 

 

Deixamos dous contos que axudan a explicarlle esta temática a os rapaces. Clicade nas imaxes. 

2 de Abril, Día internacional do libro infantil

Hoxe, día 2 de abril, é o día internacional do libro infantil. 

 

Para conmemoralo, deixámosvos varias propostas que gracias a xenerosidade de moitos e moitas creadoras e editoriais podemos ofrecervos de balde:

EMOCIÓNSSS

 

Nestes momentos máis ca nunca é importante atender ás emocións dos rapaces. Vivimos unha situación diferente que pode facer aflorar emocións intensas que se enmascaran noutras. Os rapaces poden amosar enfado cando en realidade están sentindo tristeza ou medo. Por iso é preciso falar con eles e preguntarlle cómo se senten.

Para iso propoñemos a máquina de chicles!!!! 

 

                                           

XOGAMOS A SER RESTAURADORES

 Ola de novo de familias:

Aquí vos vai unha nova idea para estas horas de peche nas vosas casas: “XOGAMOS  A   SER  RESTAURADORES ” .

Para que os cativos a asimilen sería interesante que a levaran a cabo primeiro os proxenitores, un día mamá e outro día papá (e os/as fillos/as axudarían), ou soamente un proxenitor; depende do tempo de que dispoñades. Procurade non facelo seguido para non sobrecargar, porque entonces xa non sería “un xogo”. E como sempre, esta actividade non é para levar a cabo nun día(unha semana a fai papá e o rapaz axuda, outra semana a fai mamá e o cativo axuda  e por fin lle toca ao verdadeiro protagonista e mamá e papá axudan.

CLICA NA IMAXE PARA VER AS FICHAS DA PROPOSTA

Repasamos vocabulario da horta

Hoxe, deixámosvos unha canción tan divertida como educativa, "A horta de Balbina", de María Fumaça, editorial Sonárbore: 

 

Unha forma estupenda de repasar vocabulario das nosas hortas.

Rico rico!!

A horta cooperativa cos nen@s de 4 anos!

Nos principios da nosa horta, os rapaces de 4 anos preparamos a terra con moito coidado e quitamos as pedras e herbas pequenas.

              

Sementamos leituga e allo. Fixémolo de xeito cooperativo, en equipos de 4 :

MOVEMENTOOOO!!!!

Os rapaces a estas idades precisan mover o corpo e descargar a enerxía  continuamente, neste momentos resulta máis relevante ca nunca. As dificultades de espazo ou materiais fan que teñamos que buscar outros xeiros de mover o corpo. 

 

Deixámosvos un documento no que se recollen diversas propostas, xunto con un enlace a un artigo onde diversos profesionais fan referencia a esta necesidade.

 

Nel atoparedes:

  • XOGOS  MOTRICES para casa
  1. Jumping Honeyhttps://www.youtube.com/watch?v=zyF8IBVe7uA
  2. https://eligeeducar.cl/10-formas-trabajar-la-motricidad-gruesa-los-ninos?__cf_chl_jschl_tk__=c2ce091fa13c12c2df1a28b67b35d5efb52f4c1c-1585135869-0-AXLR7f1iDQNp501-ox3L-dNpTjmfE5AZc_EYbjDXgrYpeSnFuW5E3DwgOCsRMmavtB3pWrPH4w20exVJEs5_sQo07tptD0KVzSGtHeWR7glKjP8J2yC4qpQY4X7dsMYQqrc6NMxMTrqrd1RhHAX7ODCgaVdf0g6O9ZzGySQC1Eb1qSIk7PBTEaKRrZSJXLbRk07-XXItH3nFTzjGGG_kr5KocVvzN1UE1UlkK8P2Sa0MjdEzuUix-lD4kez0u0dqCa3ErHr1tLeB97E0BKQ8pXHVBx3SJb2CjxO4nP63oA7r4SEcmkjqj7XO5TYrKTexLoORgLK_dgbNXgLZd6ktPkg
  3. https://www.educahogar.net/5-juegos-para-desarrollar-la-motricidad-gruesa/

 

 

  • Propostas de BAILE dende a nosa profe de música, Mariana

 

  1. Isto ou Aquilo. Canción sobre o traballo.https://www.youtube.com/watch?v=N0tWN0gQW_s
  2. Migallas. Dime que fixeches https://www.youtube.com/watch?v=4jtbAyVC7A0
  3. Susa Herrera . O crocodilohttps://www.youtube.com/watch?v=AG10PznJNlw&t=3s&app=desktop

 

Moito ánimo, e a divertirse movendo o corpo!

 

PD: se tendes problemas para abrir o PDF podedes descargar un lector de PDFs dende a AppStore (https://apps.apple.com/us/app/adobe-acrobat-reader-for-pdf/id469337564) ou dende a PlayStore (https://play.google.com/store/apps/details?id=com.adobe.reader&hl=en).

Tamén deixamos as capturas de cada unha das páxinas do documento:

  

 

 

Recursos web

Varias editoriais e platarformas están a colaborar nesta situación dando acceso os seus contidos. En concreto, neste caso ensinámosvos a proposta de Edelvives, cuxos contidos pódense usar ata o 30 de xuño de forma gratuita. 

 

De todo o que pon a nosa disposición recomendamos as aplicacións descargables:

  • SplashKids: habendo un específico para grupo de idade. A aplicación divídese en 5 propostas e dentro de cada unha tendes actividades interactivas para traballar vocabulario, lecto-escritura, lóxica-matemática, expresión artística… adaptado a súa idade; ademáis de ir explicando o que hai que facer verbalmente e se acertan ou cometen erro cun sonido característico (polo que algúns igual xa son quen de facelos por sí mesmos)
  • NextApp: Esta aplicación simila un taboleiro como o que se usa cos escornabots (robots educativos), e vai aumentando de dificultade a medida que conseguen resolver cada taboleiro

 Ó final desta entrada explicamos cómo facer para descargalo.

 

Outra posibilidade é a páxina web TinyTap (https://www.tinytap.it/), con xogos para traballar multitude de contidos. Podedes elixir idade, idioma e incluso tipo de contido; pero neste necesitarán que vos fagades a selección previa do xogo.

 

 

Queremos patacas!!

Os peques de 5 anos B estiveron preparando duramente a terra para plantar patacas.

Xusto despois declarouse o estado de alerta e tivemos que quedar na casa... Esperemos que á volta poidamos desfrutar dos frutos do traballo feito.

 

Iso sí, deixamos todo moi ben regadiño!

 

O traballo na horta xa nos da a súa recompensa!

Tras un duro traballo preparendo a terra ó quitar as malas herbas, abonar, sementar e regar; por fin a horta deléitanos con verduras, leitugas e plantas aromáticas:

FICHA DA DATA

Aquí tedes un modelo de ficha da data que facemos na clase e  que podedes facer cos rapaces na casa, podedes copiar os cadros e que eles escriban e debuxen. No cadro do encargado poden escribir cada día un nome dun compañeir@ da clase.

A continuación mostramos dous exemplos:

LÓXICA - MATEMÁTICA

Tedes a vosa disposición a web https://es.ixl.com/math/infantil  con exercicios diversos. 

A continuación damos unhas nocións en función da idade:

 

Recordando momentos no aula de 5 anos B

 

 Aquí vos deixo o enlace á lista de reproducción "Curso 2019-20, peques da Sobreira". 

Está en youtube oculto, de modo que só dende o enlace pódese ver.

Unha aperta da profe Noela

 

Espero que vos guste!

Aulas galegas

Tedes a vosa disposición a web Aulas Galegas  con moitos recursos

interesantes.

Recomendamos os seguintes:

Aula de 4º Infantil

IDEAS E SUXESTIÓNS PARA FACER NA CASA COS ALUMNOS DE 4º DE INFANTIL.