Skip to Content

O edificio e o recinto escolar

O actual edificio do CEIP de Sestelo-Baión foi inaugurado en febreiro de 1990, ten dúas plantas e aproximadamente unhas dimensións de 60 x 20 m. Na planta baixa atópanse as aulas de infantil, o salón de actos e comedor, a aula de pedagoxía terapéutica, a sala de profesores, a dirección, a secretaría e a conserxería do centro.

Na planta superior están todas as aulas de primaria ademais da biblioteca, aula de música, aula de audición e linguaxe, sala de ordenadores (aula de inglés), aula de plástica e laboratorio, departamento de orientación, titorías e almacéns. Hai servizos para nenos e para nenas tanto nunha planta como na outra.

Desde a apertura do polígono de Baión o acceso principal efectúase desde a ampla zona de estacionamento a través da cancela de entrada que xa está á mesma altura que as aulas da planta baixa. O transporte escolar para diante da liña amarela que indica o vado correspondente. Vale a pena lembrar tamén que o colexio dispón de ascensor de uso limitado.

O anterior acceso, dotado de timbre conectado á conserxería, utilízase sobre todo para entradas e saídas durante o período lectivo, para o paso dos alumnos que forman parte do plan madruga e para a recollida dos alumnos despois do servizo de comedor.

___




page | by Dr. Radut