Skip to Content

Digitalweek

O alumnado de 6º de primaria, ao logo de toda esta semana, participa no programa Digitalweek, programa de inmersión linguística en lingua inglesa a través de actividades dixitais.

A actividade desenvólvese nun centro residencial de Os Peares (Ourense). Alí practicarán o idioma inglés en contextos comunicativos enfocados á mellora da comunicación oral e contarán con profesorado nativo en lingua inglesa.

Unha gran experiencia para o noso alumnado coa que aprenderán e disfrutarán da compañia dos seus compañeiros e de nenos e nenas doutros centros da comunidade.

 



page | by Dr. Radut