Skip to Content

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2021-2022

NORMATIVA:

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 

 

MODELO :

Modelo ED330B debidamente cuberto (Anexo I e Anexo II*) presentado polo pai/nai/titor/a legal.

PRESENTACIÓN

21 de maio ao día 22 de xuño de 2021.

  • ELECTRÓNICA (opción preferente): Cubriranse as solicitudes na aplicación Fondolibros . Unha vez cuberto e gardado correctamente o formulario de solicitude tedes dúas opcións: podedes presentala telemáticamente na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia ou tamén podedes presentar o informe xerado no centro xunto coa documentación complementaria oportuna. Se clicades aquí teredes o manual de uso dos cidadáns para cubrir na plataforma a solicitude para presentala despois por calquera das opcións.

 

  • PRESENCIAL: Traer ao centro o formulario debidamente cuberto e a documentación complementaria precisa. O alumnado de 6º que irá ao IES Faro das Lúas, presentará a solicitude no instituto. O alumnado que cambie de centro presentará a solicitude no noso centro para que nos lle deamos traslado. É preciso pedir cita previa con antelación para secretaría no horario seguinte: 
      • Martes: 9:00 - 9:50
      • Xoves: 13:15 - 14:00

Documentos que deben acompañar a solicitude:

  • Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Se non tedes libro de familia ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro (con data a 31 de decembro a 2019):
      • Certificado ou volante de convivencia.
      • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • No caso de discapacidade, incapacidade permanente total ou grande invalidez,  dalgún dos membros igual ou superior ao 33%, presentarase certificado se non autoriza a consulta.
  • No caso de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación presentarase documentación acreditativa.

Os casos de falecemento dalgún dos proxenitores ou separación ou divorcio deberán de ser acreditados.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE LIBROS DE TEXTO

9 de xullo.

A listaxe estará publicada no taboleiro do centro. Poderase reclamar nos dous días seguintes á publicación desta listaxe provisional

 

LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO

20 de xullo.

A listaxe estará publicada no taboleiro do centro.

 

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO E VALES

Libros de texto:

A entrega de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º posponse ata o inicio de curso no mes de setembro. Os libros serán entregados ao alumnado por medio dos titores, polo que non  se recomenda comprar ningún libro ata que se realice en setembro a confirmación polo titor/a.

Vales:

Só se entregarán os vales aos solicitantes. No caso de vir outra persoa é necesaria a autorización escrita da persoa que fixo a solicitude aquí recollida.

 

LIBRERÍAS AUTORIZADAS

A listaxe de librerías autorizadas será publicada en pdf.

 

 *

Membros computables Membros non computables

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado. 

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

AdxuntoTamaño
Fondolibros2121.pdf1.79 MB


story | by Dr. Radut