Skip to Content

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR: Listaxe definitiva de admitidos e excluídos. Curso 2020-21

LISTAXE

Por motivos legais, non podemos publicar a listaxe nesta páxina web, pero teredes a listaxe no colexio, por se vos fose preciso para a súa consulta.

Senón presentáchedes reclamación despois da publicación da listaxe provisional, a concesión da beca segue sendo a mesma, polo que non tedes ningún cambio.

VALES

Co fin de evitar aglomeracións, a entrega de vales de libro de texto e vales de material escolar farase en secretaría os días 2, 3 e 4 de setembro SOAMENTE á persoa (debidamente identificada co DNI) que solicitou a axuda.  Se tedes fillos en varios niveis podedes collelos no mesmo día. 

Como sempre é obrigatorio manter as normas de seguridade: mantendo a distancia e o uso de mascarilla. 

1º e 2º EP 2 de setembro
3º e 4º EP 3 de setembro
5º e 6º EP 4 de setembro

 

Se non se vai vir nos días establecidos é preciso vir cando comecen as clases en horario de secretaría.

LIBROS

A entrega dos libros do fondo posponse ao inicio do curso e será a cargo do/a titor/a dos vosos fillos e fillas.                                



story | by Dr. Radut