Skip to Content

Documento uso transporte escolar/comedor

Con motivo de dar a mellor atención aos vosos fillos/as , dende a dirección do centro solicitamos a seguinte información para xestionar a organización dos primeiros días lectivos. Esta información ten que vir asinada e entregarase ás titoras/titor o primeiro día.

 

 
 
 

FestiBaión

E para rematar este curso de CINE, este venres 21 de xuño, non podía faltar o FESTIBAIÓN. Nel todo alumnado puido demostrar as súas dotes artísticas con coreografías, interpretacións musicais e curtas espectaculares. Tamén tivo lugar a primeira edición dos Premios Pita e a emotiva Graduación e despedida do querido alumnado de 6º de Primaria. Ademais, como todo festival de cine que se prece tivemos tamén unha alfombra vermella onde as nosas Grandes Estrelas puideron posar para as cámaras nun marabilloso photocall acompañadas das súas familias. 

(pincha na imaxe para ver as fotos deste gran día) 
 
 
 
Álbum: Curso 2023/2024 -> Festibaión

Libros de texto 2024/25

Pincha aquí para descargar o listado.

Non comprar ningún ata setembro e falar co titor/a!

 
 
 
 
 
 
 
 

Microrrelatos e micropoesías

Parabéns ao alumnado premiado nos concursos de microrrelatos e micropoesía organizados pola biblioteca. Temos unha gran canteira de escritoras e escritores.

(pincha na imaxe para ver as fotos)

 
 
Álbum: Curso 2023/2024 -> Microrrelatos e micropoesías

Almorzos saudables no Pazo de Vista Real

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria están disfrutando no Pazo de Vista Real dun almorzo moi especial, ofrecido polo Obradoiro de Hostaleria "Mar de Santiago".

Álbum: Curso 2023/2024 -> Almorzos saudables

Excursión Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Aquí tedes as fotos da excursión que fixemos ao parque arqueolóxico de Campo Lameirro.

Pincha na imaxe para acceder á galeria fotográfica.
 
 
 
 
 
 
Álbum: Curso 2023/2024 -> Campolameiro
Distribuir contido


by Dr. Radut