Eventos

Estás buscando escola para a túa filla ou para o teu fillo? Queres coñecer o cole de Baión?
Este ano, debido á situación de pandemia que vivimos, non é posible visitar as instalacións do centro. No colexio de Baión tomamos moi en serio os protocolos e o propio plan de adaptación á situación causada pola Covid-19. A premisa innegociable é o máximo grao de protección posible para toda a comunidade educativa, especialmente para os máis de 100 nenos e nenas que forman parte dela.
Temos unha alternativa que podedes valorar. O próximo 9 de marzo, en horario de tarde aínda por determinar, realizaremos unha videoconferencia só para aquelas familias interesadas no centro como posible opción para os seus fillos. Participará o equipo directivo así como o resto do equipo docente. As familias poderán coñecer o funcionamento interno do colexio e resolver as súas dúbidas. Para cuestións máis privadas de cada familia tamén habilitaremos o teléfono do centro e as franxas horarias nas que poderedes comunicar connosco. Se estades interesados en participar escribide un correo electrónico ao colexio indicando o nivel e a etapa para o que, no seu caso, solicitariades praza. Compartiremos con vós a ligazón á videoconferencia así como as instrucións para conectarse. Lembrade que o prazo de solicitudes de admisión para o curso 2021-2022 aínda remata o 22 de marzo.