Skip to Content

Programación Xeral Anual

Insertamos nesta páxina un resumo da PXA aprobada en sesión ordinaria do Consello Escolar o 8 de outubro do 2013.

 

 

A Programación Xeral Anual (PXA) é un documento que garante o desenvolvemento coordinado da acción educativa e a resposta eficaz á diversidade do alumnado, así como o correcto exercicio das competencias dos distintos órganos de goberno e a participación de toda a comunidade educativa (Orde do 22-07-1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria: DOG 2-09-1997).

 

No curso 2013-2014 este centro márcase os seguintes obxectivos principais:

 

  • Aprobación do Proxecto Educativo que foi elaborado ao longo do curso 2012-2013.

  • Elaboración do borrador definitivo das Normas de Organización e Funcionamento do colexio con vistas a deixalo listo para presentar ante o Consello Escolar.

  • Posta en práctica das liñas de actuación e prioridades sinaladas no PE.

  • Actualización das programacións didácticas en virtude dos criterios adoptados no PE.

  • Optimizar, nun contexto de crise, os recursos dispoñibles tanto a nivel humano como material.

  • Detectar de inmediato as dificultades de aprendizaxe ou de tipo social e afectivo que poidan afectar ao numeroso alumnado incorporado este curso unha vez máis co fin de darlle unha resposta axeitada.

  • Fomentar a colaboración entre os mestres mediante a posta en común de experiencias e materiais mellorando a coordinación dos ciclos e os equipos, buscando consensos e compromisos.

  • Promover o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de aprendizaxe dos alumnos e tamén como recurso para a práctica educativa viva, contextualizada e eficaz, aproveitando ademais o potencial das redes sociais e da web 2.0.

  • Poñer en valor a oferta educativa do centro fomentando a innovación e a relación do colexio co seu entorno.

  • Mellorar a transparencia e a relación entre todos os sectores da comunidade educativa animando á participación activa e o compromiso compartido de traballar a favor do proxecto común.

  • Fomentar o hábito lector entre os alumnos e situar a lectura como eixe fundamental da práctica educativa.

 

 

ALUMNADO

Na actualidade hai 111 alumnos matriculados no CEIP de Sestelo-Baión, dos cales 40 son da etapa de Infantil e os 71 restantes de Educación Primaria.

 

CLAUSTRO DE MESTRES/AS

O Claustro está formado polos seguintes membros:

 

  • Director: Don David Paz Nóvoa

  • Secretaria: Dona Mª. Esperanza Doval Lago

 

Vocais:

  • Dona Regina Berta Castro Precedo

  • Dona María Barreiro Núñez

  • Dona Alicia María Cores Barrio

  • Dona Alicia Ferreirós Maneiro

  • Dona Victoria González Viéitez

  • Dona Rosa M.ª Rodríguez 

  • Don Juan M.ª González Lestón

  • Don José Manuel Rodeiro Mougán

  • Dona M.ª Josefa Villadamigo Lede

 

 

 

CONSELLO ESCOLAR

Segundo se regula no artigo 36 do decreto 374/1996, o Consello Escolar é o órgano a través do cal participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade escolar.

 

O Consello Escolar do CEIP Sestelo-Baión está integrado polos seguintes membros (actualizado a 19/12/2014):

 

  • Presidente: Don David Paz Nóvoa

  • Secretaria: Dona Mª. Esperanza Doval Lago

 

Representantes dos mestres

  • D.ª Regina Berta Castro Precedo

  • D.ª Alicia Ferreirós Maneiro

  • D.ª Alicia M.ª Cores Barreiro

 

Representantes de pais e nais

  • D. Luis Jueguen Martínez (ANPA)

  • D. Enrique Torre Barbeito

  • D. Yaniri Pérez

 

Representante do Concello de Vilanova de Arousa

  • Dona Ana Mª. Carballa Magariños

 

HORARIOS

A xornada lectiva desenvólvese en horario continuado das 9:00 ás 14:00 horas durante todo o curso. A biblioteca do centro permanecerá aberta das 16:00 ás 18:00 horas, agás os martes, que é a xornada de atención a nais e pais, e tamén de reunións do profesorado.

A atención aos pais desenvolverase, xa que logo, todos os martes en horario de 16:30 a 17:30.

 

 

4º Educación Infantil

 

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:00 – 9:55

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

9:55 – 10:50

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

GLOBALIZADA

 

GLOBALIZADA

 

GLOBALIZADA

11:05 – 12:00

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

INGLÉS

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

12:00 – 12:55

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

RELIXIÓN/ALT

 

 

GLOBALIZADA

 

13:10 – 14:00

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

PSICOMOTRIC.

 

GLOBALIZADA

 

 

5º-6º Educación Infantil

 

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:00 – 9:55

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

GLOBALIZADA

 

RELIXIÓN/ALT

 

9:55 – 10:50

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

GLOBALIZADA

 

GLOBALIZADA

 

11:05 – 12:00

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

INGLÉS

 

GLOBALIZADA

12:00 – 12:55

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

GLOBALIZADA

13:10 – 14:00

 

GLOBALIZADA

 

 

PSICOMOTRIC.

 

GLOBALIZADA.

 

GLOBALIZADA

 

 

GLOBALIZADA

 

 

 

1º Educación Primaria

 

 

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:00 – 9:55

 

LC

 

MAT

LG

LC

MAT

9:55 – 10:50

 

MAT

 

 

LG

 

ING

LC

LG

11:05 – 12:00

 

EF

 

MUS

MAT

LG

ING

12:00 – 12:55

 

CM

 

LC

EF

MAT

CM

13:10 – 14:00

 

PLAS

 

CM

CM

CM

REL/ALT

 

2º Educación Primaria

 

 

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:00 – 9:55

 

MAT

 

LG

MAT

CM

MAT

9:55 – 10:50

 

LC

 

 

LG

 

LC

ING

ALT

11:05 – 12:00

 

LC

 

MAT

LC

ALT

MUS

12:00 – 12:55

 

EF

 

ING

CM

LG

EF

13:10 – 14:00

 

CM

 

CM

PLAS

LG

CM

 

3º Educación Primaria

 

 

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:00 – 9:55

 

LC

 

LC

MAT

CM

MAT

9:55 – 10:50

 

ING

 

 

MAT

 

LG

REL/ALT

ING

11:05 – 12:00

 

LG

 

EF

MUS

PLAS

CM

12:00 – 12:55

 

CM

 

CM

CM

EF

LC

13:10 – 14:00

 

MAT

 

ING

LC

LG

LG

 

 

 

 

 

4º Educación Primaria

 

 

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:00 – 9:55

 

MAT

 

CM

MAT

REL/ALT

CM

9:55 – 10:50

 

LG

 

 

MAT

 

LG

LC

LC

11:05 – 12:00

 

ING

 

ING

EF

LG

REL/ALT

12:00 – 12:55

 

CM

 

LC

 

MUS

 

 

PLAS

 

 

ING

 

13:10 – 14:00

 

LC

 

LG

CM

MAT

EF

 

5º Educación Primaria

 

 

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:00 – 9:55

 

ING

 

CM

CM

CM

ING

9:55 – 10:50

 

LG

 

 

LC

 

LG

LC

LG

11:05 – 12:00

 

MAT

 

MAT

MAT

LC

EF

12:00 – 12:55

 

CM

 

 

EF

 

 

ING

 

 

MAT

 

 

CM

 

13:10 – 14:00

 

LG

 

 

MUS

 

 

LC

 

 

REL/ALT

 

PLAS

 

6º Educación Primaria

 

 

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:00 – 9:55

 

ING

 

CM

CM

CM

ING

9:55 – 10:50

 

LG

 

 

LC

 

LG

LC

LG

11:05 – 12:00

 

MAT

 

MAT

MAT

LC

EF

12:00 – 12:55

 

CM

 

 

EF

 

 

ING

 

 

MAT

 

 

REL/ALT

 

13:10 – 14:00

 

CID

 

 

MUS

 

 

CID

 

 

REL/ALT

 

PLAS

 

 

REGULAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR

 

O servizo de comedor do CEIP Sestelo-Baión é proporcionado por unha empresa de cátering e é xestionado pola propia ANPA. O seu horario é de 14 a 16 horas. A recollida dos alumnos realizarase desde as 15,30 h. ata as 16 h.

Dentro do comedor anímase aos nenos a probar as comidas propostas cada día pero non se lles forza nunca a comelas.

Todos os nenos que empreguen este servizo deben traer cepillo de dentes, vaso e pasta de dentes en neceser pechado e co nome visible de cada un.

Os pais sempre deben avisar cando veñen buscar o seu fillo para que os coidadores do comedor teñan a certeza dos alumnos que quedan e dos que xa marcharon.

As portas do colexio manteranse pechadas por cuestións de seguridade. Os pais terán que chamar ao timbre exterior para acceder ao centro.

En caso de imprevisto que impida a un pai ou nai chegar a tempo de recoller o fillo hai que chamar ao colexio para avisar de tal circunstancia.

Os monitores das actividades extraescolares que teñen lugar no colexio polas tardes recollen os nenos no mesmo comedor para a continuación levalos ás distintas aulas ou espazos das actividades.

Os nenos serán recollidos no hall de entrada do colexio ao remate de ditas actividades.

Só poderá acceder ao comedor o persoal do centro. Os pais e nais deberán agardar sempre fóra do espazo habilitado para o servizo.

O menú diario non poderá ser modificado a petición do usuario salvo prescripción médica debidamente informada. O servizo de catering non atende peticións individuais e rexirase unicamente polas indicacións recibidas desde o centro que é o responsable da súa supervisión.

 

CALENDARIO ESCOLAR

 

Os días lectivos, non lectivos e os períodos de vacacións serán os sinalados no DOG do 6 de xuño do 2013, xa lido no Claustro e exposto no taboleiro de anuncios da Sala de Mestres.

A estas datas temos que engadir as festas laborais de carácter local que neste centro, a proposta do Claustro e do Consello Escolar son:

  • 25 de outubro do 2013, San Simón

  • 22 de maio do 2014, Santa Rita

 

Estas datas, aínda que non son as festas oficiais do concello de Vilanova de Arousa, corresponden a dúas festas de gran tradición na zona. O San Simón é unha das festividades maiores de toda a comarca. Na parroquia de Baión, pola súa situación xeográfica no extremo nororiental do concello de Vilanova de Arousa, non teñen especial arraigo as celebracións do núcleo poboacional e si máis as de Vilagarcía de Arousa que está máis próxima.

No centro consideramos que as festas con verdadeiro arraigo para as familias desta comunidade educativa son as sinaladas anteriormente e ademais son os días non lectivos a que están afeitos desde hai moitos anos.



page | by Dr. Radut