Skip to Content

Biblioteca Larapeto

A XANELA MÁXICA

O pasado xoves 24 de maio, grazas a editorial Consorcio, tivemos a sorte de disfrutar  "A xanela máxica". Un teatro interactivo onde  traballamos  sobre que é o acoso escolar, como detectalo e combatilo. 

Álbum: Curso 23-24 -> A xanela máxica

SEMANA DO LIBRO 2024

Como cada ano, neste mes de abril, desfrutamos dunha semaniña chea de actividades relacionadas cos libros e a lectura. 

FELICES FESTAS

Queridas familias:

Xa rematado o primeiro trimestre, queremos desexarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO 2024! E, que mellor forma, que facelo coa postal gañadora no reto mensual de Larapeto. Noraboa Roque! 

FELICES FESTAS! Vémonos á volta!

3 DE DECEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O luns 4 de decembro, conmemorábamos no cole o "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE" (o cal foi o pasado 3 de decembro). Este curso, xa que andamos inmeross no noso proxecto "Olímpicos de Xeve", decidimos traballar este día dunha forma diferente. Cada aula indagou sobre un ou unha deportista paralímpic@ galeg@ e preparou un mural e unha exposición. Desta forma, onte, reuníamonos tod@s no salón de usos múltiples para celebralo xunt@s. Os seus traballiños xa están expostos na biblioteca.

Aquí tedes o resultado da súa exposición... Fixérono xenial!

 

 

25N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro "conmemorábamos" no cole o "Día contra a violencia de xénero". Para iso, creamos unha instalación artística titulada "ROMPENDO ETIQUETAS", na que cada aula traballou unha etiqueta convencionalmente adquirida de forma errónea ao longo dos anos... Así, a través da fotografía, representamos este acto en repulsa da violencia de xénero e loitando pola igualdade e polos mesmos dereitos!

Esta instalación está na entrada do cole. Estades convidad@s a visitala!

Álbum: Curso 23-24 -> 25 N

Recomendacións lectoras VERÁN

Agora que chegan as vacacións e os días de descanso aquí vos ofrecemos unhas propostas para transportarvos a outros lugares e pasar tempo en familia.

Pincha na imaxe se queres ver estas recomendacións.

Álbum: Curso 22-23 -> Recomendacións lectoras VERÁN

RECOMENDACIÓNS LECTORAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, desde a Biblioteca do cole achegámosvos unhas recomendacións lectoras en galego.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Recomendacións lectoras LETRAS GALEGAS

POESÍAS SOBRE A AUGA

Durante o segundo trimestre estivemos traballando a poesía relacionada coa temática do noso PDI: a auga.

Estas son as orixinais creacións que fixemos. Fai click na imaxe para lelas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut