Skip to Content

3 DE DECEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O luns 4 de decembro, conmemorábamos no cole o "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE" (o cal foi o pasado 3 de decembro). Este curso, xa que andamos inmeross no noso proxecto "Olímpicos de Xeve", decidimos traballar este día dunha forma diferente. Cada aula indagou sobre un ou unha deportista paralímpic@ galeg@ e preparou un mural e unha exposición. Desta forma, onte, reuníamonos tod@s no salón de usos múltiples para celebralo xunt@s. Os seus traballiños xa están expostos na biblioteca.

Aquí tedes o resultado da súa exposición... Fixérono xenial!

 

 



blog | by Dr. Radut