O último día previo as festas de Nadal desfrutamos no centro dunha gran chocolatada con rosca de reis incluída. Ademáis recibimos a visita de dúas personaxes moi importantes nestas datas e, por se isto fora pouco, os voluntarios da biblioteca recibiron un agasallo polo seu gran traballo. Foi un día completísimo.
Antes das vacacións desfrutamos dunha serie de talleres navideños compartidos coas familias que puideron vir a botarnos unha man na súa elaboración. Foi un día moi divertido e emocionante. Moitas grazas a todas as familias que puideron asistir.
Un ano máis participamos no obradoiro de Ecopercusión, creando música a partir de materiais de refugallo. Un obradoiro inclusivo que acolle a todo o alumnado a través da música.
Desfrutamos moito seguindo os ritmos e explorando cos sons.
O pasado mércores saímos ao mercado municipal de Pontevedra coa guía e acompañamento das monitoras do GANAPÁN. Para algúns e algunhas foi a primeira viaxe en bus e para os de 3 anos foi a primeira saída.
Como todos os anos nestas datas, dende o cole pedimos a vosa colaboración para realizar unha recollida solidaria de alimentos dende o xoves 15 ata o martes 20 de decembro.
Se precisan: legumes, arroz, pasta, potitos de bebés, leite e en xeral todo tipo de alimentos non perecedeiros.
Moitas grazas pola vosa colaboración. Entre todos podemos facer unha gran labor con pequenos xestos.
O pasado 25 de novembro realizamos unha instalación artística co lema "NO COLE DE XEVE CAMIÑAMOS TOD@S XUNT@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" no que participou todo o cole. Grazas ás familias polas aportacións de zapatos que cada nen@ pintou de cor morada de forma simbólica.
Agardamos que nun futuro non teñamos que celebrar estas conmemoracións... Por un mundo en IGUALDADE e SEN VIOLENCIA!
Como todos os anos no último curso de primaria, realizamos a actividade para aprender a identificar cogumelos explorando o monte comunal de Santa María de Xeve acompañados por Miguel Lameiro, da asociación Brincabois.
Primeiro Miguel realizou unha charla sobre o mundo dos cogomelos para coñecer un pouco máis que son, como se reproducen, cal é a súa función, como debemos recollelos e sobre todo cales son as máis abundantes na nosa contorna e distinguir cales son tóxicas e cales non. Xa coas ideas claras, saímos aos montes da nosa contorna na procura destes fungos. A pesar do día (xa é unha tradición que chova nesta saída) tivemos unha gran colleita de cogomelos de todo tipo. Enchemos as cestas que levamos con nós!
Grazas á asociación Brincabois, logo puidemos realizar unha fantástica exposición no cole.
O venres 28 disfrutamos dunha xornada de terror moi especial: con contancontos, entrega de premios das cabazas e moita festa terrorífica! Esperamos que o pasaran de medo... Aquí vai a mostra!
Os nenos e nenas de todo cole fixemos unha historia terrorífica para festexar o día de Samaín. Cada un dos cursos elaborou unha parte da historia. Aquí vos deixamos o resultado final.